FalaRedes

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Obradoiros de cultura urbana

As actividades do programa de dinamización do uso da lingua galega FalaRedes continúan cos obradoiros de rap, breakdance e estampado de camisetas. Co galego sempre como lingua vehicular, a mocidade (e quen sexa maior tamén, por suposto) gozará da aprendizaxe das expresións artísticas e deportivas da cultura urbana do máis alto nivel.

Calendario

Galego

María Faltri. Picadiscos

María Faltri, tamén vocalista da Banda das Apertas de Magín Blanco, chega agora cun espectáculo orixinal e sorprendente: unha picadiscos de música infantil. Durante o seu espectáculo María brindaralle aos cativos e cativas unha escolla da mellor música infantil galega para que non deixen de xogar e bailar. Tamén para que aprendan as cancións da man dos libros da súa pequena biblioteca ambulante.

Galego

Orgullo da nosa lingua

A exposición Orgullo da nosa lingua: o galego é un tesouro para compartir chegará en maio e xuño a catro entidades da Rede de Dinamización Lingüística: Boiro, Cambados, Ribadeo e Betanzos.

A mostra consta de 9 paneis que percorren particularidades do galego co fin de mostrar o seu valor e a súa riqueza, alimentar o sentimento de pertenza e convidar a cidadanía a falalo. A exposición poderá visitarse por libre ou ben coa guía dunha persoa dinamizadora que atenderá os asistentes en horario establecido por cada concello.

Galego

'Indóciles', de Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nut.

Indóciles é unha peza multidisciplinar na que Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nut, crean un universo singular arredor do legado de Luísa Villalta.

Poesía, música e narración oral dan a man a unha linguaxe propia para explorar o mundo creativo dunha autora comprometida e versátil. A indocilidade, para elas, está na contundencia do sinxelo, nas palabras, nos silencios, nas presencias, na interrelación entre as tres en escena e co público, na espectacular naturalidade do cotián e do presente. Tamén nos coidados e no activismo social.

Galego

'Made in Galiza' de Séchu Sende

Unha obra que abre as portas ao humor reflexivo, á poética ao alcance de todo o mundo, a través dun texto que move e conmove.

Made in Galiza transita por momentos recoñecibles no día a día e combina temas de sociolingüística con maneiras de vivir e pensar amables e xenerosas ás que chegar mediante o lúdico e o divertido, con pouso. Un xeito de seducir en cuestións de lingua, non de impoñer nada a ninguén.

Galego

Os Bolechas visitan en familia unha galería de arte

Desta volta, atoparémolos nun museo de arte onde se poden contemplar cadros do tempo dos seus avós, e dos seus bisavós, e dos seus tátara-tátara-tátaravós...

A divertida familia Bolechas chegará este outono a 21 concellos da Rede de Dinamización Lingüística.

7 de outubro, ás 18:00 h. Casa da Cultura do Milladoiro. Ames

21 de outubro, ás 18:00 h. Casa Habanera. Guitiriz

22 de outubro, ás 17:00 h. Auditorio Municipal. Celanova

28 de outubro, ás 12:30 h. Auditorio Municipal. Rianxo

28 de outubro, ás 18:00 h. Casa da Cultura. Pontedeume

Galego

Orgullo da nosa lingua

A exposición Orgullo da nosa lingua: o galego é un tesouro para compartir chegará en setembro e outubro a catro entidades da Rede de Dinamización Lingüística: Arteixo, Ribeira, Marín e Redondela.

A mostra consta de 9 paneis que percorren particularidades do galego co fin de mostrar o seu valor e a súa riqueza, alimentar o sentimento de pertenza e convidar a cidadanía a falalo. A exposición poderá visitarse por libre ou ben coa guía dunha persoa dinamizadora que atenderá os asistentes en horario establecido por cada concello.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - FalaRedes