Consello de Galiza
O audiovisual, da produtora Memoria Documental da Galiza, céntrase na institución que lle dá título e na figura do seu presidente, o autor de Sempre en Galiza.

O audiovisual, da produtora Memoria Documental da Galiza, céntrase na institución que lle dá título e na figura do seu presidente, o autor de Sempre en Galiza.
Os Bolechas regresan ao FalaRedes coa súa caravana chea de sorpresas e unha nova misión: poñerse en forma e dar o mellor de si. Deporte, traballo en equipo, lingua galega e moito humor serán os ingredientes desta aventura sobre rodas dirixida a cativada de 4 a 9 anos e ás súas familias que chegará este verán a 15 concellos da Rede de Dinamización Lingüística.
O concerto de Verónica Santalices O rianxeiro é unha proposta musical en que, a través de temas tan coñecidos como Lela ou A Rianxeira en versións adaptadas para o público xuvenil, nos achegamos á biografía de Castelao.
No Ano Castelao 2025, a RDL participa na extensión da memoria e legado de quen é un dos fundadores da Galicia contemporánea.
A influencer Leti da Taberna trae ao FalaRedes o seu primeiro monólogo, en que explora en ton irónico a nosa relación coas redes sociais e como nos inflúen no noso día a día. En galego e con perspectiva feminista, Enredada enche o escenario de luz e enerxía, provocando que os espectadores se vexan identificados coas situacións que se presentan e acaben rindo de si mesmos.
O Día das Letras Galegas de 2025 está dedicado a sete pandeireteiras e, a través delas, a todas as mulleres que crearon e interpretaron poesía popular galega e transmitiron con ela a lingua propia de Galicia. A Rede de Dinamización Lingüística e o seu programa FalaRedes súmanse á celebración con 4 concertos do espectáculo musical Vinde todas, de Carmela.
Matrioshka Teatro presenta no FalaRedes unha proposta escénica dirixida a nenos e nenas a partir dos seis anos e as súas familias que xira arredor da transmisión da lingua. Inspirada en poemas, cantares tradicionais, cartas, contos… a peza desenvólvese como unha sucesión de xogos. Cunha narrativa aventureira, divertida e máxica, combinada con elementos de teatro físico, cancións, narracións e factores sorpresa, así como co simbolismo da iluminación, transmitirase a mensaxe de que cómpre usar con orgullo a lingua galega.
No ano Castelao, a Rede de Dinamización Lingüística contará con diversas actividades orientadas a celebrar a figura do escritor, artista e político de Rianxo.
Este ano, a Real Academia Galega dedícalle o 17 de maio a sete pandeireteiras e, con elas, a todas as mulleres que crearon e transmitiron a música tradicional, e a lingua, de xeración en xeración. A Rede de Dinamización Lingüística súmase a esta homenaxe con esta e outras actividades.
O FalaRedes 2025 ábrese con narración oral (a cargo de Vero Rilo) e música (a cargo de Luís Iglesias) para os máis pequenos da casa e trasládanos ao ano 2735. Pelica de Burra viaxa no tempo e chega a un futuro sen xogos, sen música… así que decide regresar ao pasado para recoller as palabras perdidas e devolverllas a un porvir que será, sen dúbida, moito máis luminoso. Pelica de Burra ofréceselles aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística en dous posibles formatos: obradoiro para bebés (0-3 anos) en grupos reducidos ou espectáculo familiar.
FalaRedes leva obradoiros de banda deseñada a 25 destinos diferentes, cunha nova proposta de dinamización do uso da lingua galega.
Os obradoiros dirixidos á infancia, mocidade ou público adulto, segundo as preferencias do concello anfitrión, van achegarlles a todas as persoas que participen os elementos da linguaxe narrativa visual do cómic. Nun ambiente de traballo ameno, apoiado ademais con proxección de materiais visuais, unha nova forma de narrar nacerá das nosas mans.
Quen vai impartir os obradoiros: