Falade galego, rapazada
Pepo Suevos creou este monólogo humorístico a partir da súa propia experiencia para animar os millenials a empregar a lingua propia de Galicia en todas as situacións da súa vida.
Este espectáculo fará parada este verán en seis concellos da Rede de Dinamización Lingüística: Viveiro, Moaña, A Laracha, O Pereiro de Aguiar, A Estrada e Carral.

