Sabios, xogos e xograres
Este 2021 cúmprese o oitavo centenario do nacemento de Afonso X, o rei sabio, o que compuxo en galego as Cantigas de Santa María, unha das obras cume da poesía e da música medievais europeas.
Como parte da celebración deste acontecemento, o programa de dinamización lingüística FalaRedes propón, entre outras iniciativas, Sabios, xogos e xograres. Ambientada na época do rei-poeta Afonso X, a actividade inclúe unha presentación inicial, un obradoiro de xogos medievais e unha competición de xogos ao vivo.

