Deadpan Karaoke
Deadpan, do inglés ‘cara morta, baleira de expresión, imperturbable’; Karaoke, do xaponés kara (‘baleiro’) e oke (‘orquestra’). Deadpan Karaoke é un espectáculo unipersoal de carácter participativo que propón como ingredientes principais o absurdo, a estupidez, a sorpresa, a comedia, a música e o cine, todo enmarcado nun espazo que transite do real ao onírico cunha clara ambición plástica e que capture o carácter sublime do amor a través de momentos de gran beleza.

