Coaches de choque
Oswaldo Digón e Rafa Duran presentan o espectáculo de impro definitivo. Un show que che cambiará a vida.

Oswaldo Digón e Rafa Duran presentan o espectáculo de impro definitivo. Un show que che cambiará a vida.
Unha moza chea de maxia, uns nenos cheos de ilusión, luares de soños, mil e unha historias que contar…
Así é como un día nace Ó Titiribaile. Era o verán de 2008 cando arrincaba este conto, un conto polo momento sen final.
Erica González Miguel, con moitas ganas por meterse de cheo no mundo do teatro, a fantasía e os contos decide montar esta compañía. Nese momento pon a toda a súa familia a axudala. Así é como ao pouco empeza a crearse esta empresa e é entón cando Erica dáse conta que os soños, poden facerse realidade.
O equipo de Culturactiva, Fina Calleja e Paula Carballeira asumimos con ilusión, respecto e certa responsabilidade levas ás táboas do teatro a figura de Alfonso R. Castelao, posiblemente o maior referente cultural do noso país. Mais tamén comezamos este proxecto coa seguridade de que cómpre realizalo, xa que consideramos imprescindible que o público máis mozo, nomeadamente os rapaces e rapazas de entre 6 e 10 anos coñezan, a través da súa infancia, a vida e obra dun xenio irrepetible.
Nesta ocasión Luís quere compartir con tod@s vos como chegou a Galicia desde a súa Madrid natal, na busca das orixes da primeira muller que publicou un libro na historia, Rosalía de Castro. E tamén quere contarvos como nesta busqueda descubriu unha linguaxe máxica, O Galego, o idioma no cal falan as magas, as fadas e os trasgos. Facendo un percorrido pola literatura infantil da infancia de Rosalía, nos libros atopou refuxio xa que na súa nenez tivo que superar diferentes enfermidades e neles atopou un refuxio marabilloso, que máis tarde serviu de inspiración para a súa marabillosa obra.
Caldas e Mancho, que se consideran a si mesmos #ruralinfluencers no seu día a día, falarannos das redes sociais, da fama, dos recordos, das ilusións, da familia, da ecoloxía, da eficiencia enerxética, da falsa realidade, da cultura, da política, de ser ou non ser...
Roi e Rafa son dous antigos amigos da infancia que se atopan na Rapa das Bestas en Sabucedo logo de moitos anos, Roi marchou a vivir a Madrid e Rafa segue a vivir na vila. De pequenos eran moi amigos pero foron distanciándose polas circunstancias da vida. No seu encontro en Sabucedo comezan a aflorar outro tipo de sentimentos que estaban ocultos, e dunha amizade comeza a xurdir unha paixón.
Brokeback Sabucedo é un canto á diversidade, unha homenaxe a tradición galega e unha crítica á enerxía eólica.
Sempre se soubo, claro está, que as anduriñas son aves de bo agoiro, que alí onde aniñan traen fortuna, que anuncian a primavera e que os mariñeiros as tatuaban na pel por cada travesía da que lograban retornar. Pouco se fala, en cambio, do molestas que se lle fan a moita xente co seu canto agudo e de que enchen todo de excrementos. Por iso estas aves dan boa sorte, pero teñen mala fama. Ningún outro animal se parece tanto aos emigrantes galegos: estamos en cada continente, vivimos facendo colonias, temos na cabeza o camiño de volta a casa e marchamos por necesidade.
En ‘Aquí Tou!’, Touriñán fai un percorrido pola súa vida, dende a súa concepción nunha noite de San Xoán ata un posible epitafio. Momentos chave do seu camiño vital cos que, como galegos, todos nos sentimos identificados.
Jorge Blass volve sorprendernos con ilusións imposibles nunca antes vistas. ILUSIONARTE é unha viaje a máis pura esencia do ilusionismo, ao longo de 75 min o público xogará, fantaseará e participará nas s experiencias máxicas de forma interactiva.
Despois dunha serie de pezas que cuestionaron as narrativas oficiais a través de historias locais nas que se cruzaban a memoria colectiva e a experiencia persoal (Citizen, Eurozone, Fillas Bravas, Eroski Paraíso, Curva España, N.E.V.E.R.M.O.R.E.), este proxecto vai cuestionar o modus operandi de Chévere, co fin de seguir desbordando os límites e as estrataexias das prácticas arredor do teatro documento.