Terra
O Concello de Nigrán, a través do seu convenio con Fegatea, presenta este sábado 17 de xuño ás 20:00 horas no Auditorio Municipal de Nigrán a obra microteatro 'Terra' da compañía viguesa Lohengrin. A entrada é de balde ata completarse o aforo.
Trátase dun pos-drama xestual, onde todos compartiremos as causas e desventuras dunnas personaxes que foron obrigadas, en circunstancias adversas, a empezar un percorrido en busca dun destino e un novo futuro.

