Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Escándalo en Palacio

Canto tempo fai que non te emocionastes moito? Scandal in the Palace é unha alta comedia ao estilo Old Hollywood con grandes toques de humor intelixente. Xoán C. Mejuto e Iria Ares, os novos protagonistas da comedia, interpretan a un Presidente e a súa Primeira Dama. Estalou un escándalo sexual e vai poñer patas arriba a un país enteiro! Un texto provocador e actual do inimitable Pedro Ruiz.

Galego

David Puerto "Pizpireto"

Pizpireto, un show de comedia alegre, vivaz e algo coqueto ou iso di a RAE.
Está orquestrado por David Puerto, un cómico que fai das súas reflexións e vivencias un espectáculo de comedia, buscando o lado positivo da vida, se é posible, ou polo menos o lado gracioso. Facendo uso do monólogo clásico (Stand-up), improvisación (crowd work) e comedia musical.
Un show cheo de interacción co público, vandalismo, elegancia... todo moi pizpireto.
 

Galego

Contos de defuntos e outros asuntos

Contos de mortos que non están tan mortos, da Santa Compaña que non era tan santa, de aparecidos e visións... de todas estas causas que rodean a vida e a morte en Galicia, e das que nunca está de máis falar un pouco. Porque o mundo cambia.
O noso mundo, o dos vivos... e quen sabe se o dos mortos tamén cambiou! 
Porque, aínda que haxa luz eléctrica, nunca se sabe onde se che pode aparecer algo...
 

Galego

Pablo Meixe "Meixeverso"

Pablo Meixe deuse conta que ao longo e ancho dos distintos planos da realidade pódense atopar personaxes curiosos que poñen a proba o tecido da graza e o chiste. As adolescentes xa non escoitan K-Pop e os cuñados deixaron de dar consellos sobre coches de segunda man, indicando que o mundo está a piques de colapsar. Un mozo deberá utilizar todas as súas versións para salvar o multiverso: Pablo (Meixe) convídanos a unha viaxe chea de humor no que falará das súas vivencias, explicará as súas desventuras e coñeceremos por que m*rda aínda non o botaron do teatro.

Galego

Humor Blanco

Un espectáculo no que nos fala das súas polémicas, de sexo, de xuízos, e de envellecer.  A reflexión e o incómodo son as claves do stand up.  Ven a ver o show de humor negro máis famoso de España. 

Galego

Quen ten cú ten medo

Este Samaín a meiga abrirá as portas da súa casa no Museo Pedagóxico para guiarnos nun "Cursiño de prevención de medos". Falaremos da Santa Compaña, do Lobishome, da Meiga Chuchona, do Tardo e do Gatipedro e venceremos toda unha serie de desafíos que nos deixarán claras dúas cousas: o catálogo de seres que habitan a nosa fantasía e o feito de que, en realidade, estamos cheíños de valentía.

Galego

Galder Varas

Pode vostede agardar un escenario, un micrófono e un cómico. Ademais, tamén pode agardar moita improvisación, chistes e bloques diferentes aos que vira a Galder Varas en redes.
E pode agardar, por último, a sincera intención de facerlle rir a gargalladas. Pero o que non pode esperar é un show. Iso xa o temos avisado. 

Galego

Esfínter 4

Un ano máis chega este maridaxe tan especial de Javier Veiga, Rober Bodegas e David Amor, tan distintos e ao mesmo tempo tan compatibles, como o melón con xamón, a pizza con piña ou a nocilla con chourizo…..sempre atoparás xente que che fale disto con paixón.
 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro