Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

De aló de onde eu veño

Caxoto  é a persoa que se atopa tras do mostrador na Trastenda dos Contos. Mestre en educación primaria e sempre ligado ao espazo escénico entra en contacto coa narración oral coa súa chegada á Editorial Kalandraka no 2004. Alí logo de formarse como narrador asume a campaña de animación á lectura que o leva por colexios e bibliotecas de toda Galicia.

Galego

Los cuernos de Don Friolera

                                                           Los cuernos de Don Friolera

                ESPERPENTO DE DON RAMÓN DO VALLE-INCLÁN DA súa TRILOXÍA "MARTES DE ENTROIDO"

                                                             Compañía Morfeo Teatro

Galego

Dona Emilia e a señora Carme

Nas longas noites de inverno ou nas calurosas tardes de verán, a vella Carmela lía novelas do oeste ou miráballe os santos ás revistas do corazón. Iso era cando non estaba calcetando, nin ganchillando, nin rezando o rosario, que eran as súas ocupacións principais no seu lecer. Tiña outra afección que gostaba moito na familia: cociñar e non podía evitar facelo en cantidades industrais, por da fame pasada, polo que sempre precisaba axuda na cociña e alí estaba a súa neta para axudarlle nos fogóns.

Galego

A bailar

Espectáculo de animación interactiva con xogos, bailes divertidos, cancións cantadas en directo, número de maxia, moneco xigante, batalla de gobos xigantes, explosión de confeti, concurso de baile con premio para o gañador e un montón de sorpresas.

Galego

Lemniscate. Circo da compañía Bivouac-Verán no Gaiás 2023

Dous bailaríns e un acróbata sobre un poste chinés encarnan a tres individuos perdidos nun lugar que non existe. Entre liberacións e tensións, esvaróns e propulsións, gravidade e suspensión, evocan o carácter relativo e flexible do tempo-espazo. Unha interconexión que se fai visible, como unha escultura en movemento, nas oscilacións dos corpos, nos seus pesos e no latexo do tempo simbolizado por un metrónomo.

Galego

Soños

Soños é a primeira obra teatral galega que trata a situación da mocidade tutelada dun xeito integral. Un espectáculo divertido, ameno e sorprendente, pero tamén cunha gran forza social. Unha ficción moi realista e con moito ritmo que nace do contacto directo do autor e directora con mocidade tutelada, levando as súas experiencias ao escenario. Soños é unha ventá a realidade da mocidade en risco de exclusión: amósanos o seu contexto, as súas aspiracións, os seus medos. Un espectáculo que vai chegar con moita facilidade ao corazón e á cabeza do público adulto e xuvenil.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro