Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

A nube grande, grosa e gris

Ista é a historia dunha nube viaxeira, que despois de percorrer mundo e acumular auga e máis auga fíxose grande, grosa e gris.

Agora necesita chover e buscará un lugar onde a súa auga sexa proveitosa e limpe rúas, regue campos e encha ríos. Pero cada vez que tenta chover alguén o para, debido a que "nunca chove a gusto de todos". Conseguirá chover e axudar alguén?

Maletas que viaxan coa nube e que abren mundos máxicos cheos de sorpresas e pequenos monicreques. Cancións e música en directo acompañan a historia desta nube grande, grosa e gris.

Galego

Corufest 2023: Amour

Afánanse en descubrir o mundo transformando o seu universo. Imitan aos maiores, con audacia e desenfado. Atrévense a amar sen saber cal é o seu verdadeiro significado. Non dubidan en pórse a mal antes, mesmo, de atopar a palabra odio nos seus petos. Saben de cheiros, pel, caricia, abandono, refuxio, desexo. Non saben do tempo.

E de súpeto, transcorreron máis de sesenta anos.

Galego

Corufest 2023: Metodoloxías Carroñeras para Corpos Investidos

Xorde da necesidade de expandir e traducir á linguaxe escénica o proceso de investigación académica da tese doutoral: Sexualidades DesGeneradas na práctica ecénica contemporánea.Esta peza investiga ao redor do funcionamento dos mecanismos de construción das identidades sexuais diverxentes, tenta achegar as ferramentas estéticas e ideolóxicas en que se desenvolve a diversidade sexual nas novas linguaxes escénicas e analiza o cuestionamiento da heteronorma e os xéneros binarios a través da súa representación escénica.Metodoloxías Carroñeras para Corpos Investidos explora un formato bastardo d

Galego

Las Noches de la Suite

É unha experiencia gastroescénica única creada por Juan García, que converte desde 2015 o Gran Suite Presidencial do hotel NH Collection Madrid Eurobuilding nun pequeno escenario no que gozar de teatro inmersivo ou concertos en pequeno formato, a cargo de recoñecidos artistas do panorama español, pero tamén de alta cociña e dun encontro distendido cos protagonistas da proposta escénica. O equipo de Las Noches de la Suite segue a tendencia de teatro próximo, en contacto cos espectadores.

Galego

Unha nova galaxia. Trémola Teatro

Paco quería cambiar o mundo. Aínda non sabía como, pero todas as noites falaba coas estrelas e pedía a súa axuda. Queres axudarnos a cambiar o mundo? Acompáñanos nesta viaxe na que daremos vida á memoria e aos logros de Francisco Fernández del Riego.

Idade: maiores de 4 anos.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 desde o luns anterior á actividade.

Galego

Doppio Zero

Este espectáculo conta con diferentes disciplinas circenses como a acrobacia de chan, o mastro chino, os malabares, a bicicleta acrobática e o clown. É unha actuación divertida, tenra e surrealista, que nos mostra unha viaxe no tempo que transcorre entre a realización e cocción dunha peza de pan.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro