Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

O Quixote

Quixote é o segundo espectáculo de Pedras de Cartón.

Desta volta afrontan o texto de Cervantes, un dos máis coñecidos da literatura española, en clave de comedia.

Cunha estética inspirada no pallaso clásico (moi ao estilo Fellini) e en clave de clown, afrontan as escenas máis icónicas da novela, da relación antagónica entre Quixote e o seu escudeiro Sancho.

Duración: 55 minutos

Público familiar (ata completar aforo)

Vestíbulo da biblioteca

Para conmemorar o Día do Libro

Galego

Escenas do Cambio: Fráxil: Handle with care

A fraxilidade do paseo, do que pasa, do que foxe, da conversación peregrina que nos leva, buscando algo, dun lugar a outro; aceptando o desarraigamento e asumindo o desexo de mostrar un saber torcido, iluminado oblicuamente.

Nesta forma de pensar coas tripas que nos caracteriza, recoñecemos o que non pode dicirse e só pode ser mostrado sen necesidade de preguntarnos se é verdadeiro ou se ocorreu realmente.

Quen falou da utopía da fuxida, sabe que non ten onde. Converteuse en global, xa non é privilexio exclusivo europeo, a historia non se escribe xa en Europa.

Galego

Chao

Teatro do Ar presentará este domingo ás 19.00 horas a súa nova obra “Chao” no Auditorio de Nigrán. A entrada é de balde e está recomendada para maiores de oito anos. Esta peza vai sobre unha aldea que se queda sen xente, sobre a vida dunha muller do rural e as memorias que perdemos cando se apagan os lumes do fogar e das vidas.

Galego

O refuxiado

Un político ambicioso, sen escrúpulos nin cultura, acepta o consello do seu audaz xefe de gabinete para solucionar un inminente proceso por corrupción: acoller un refuxiado na casa. En lugar dun presunto delincuente, será un home con conciencia. A esposa e a filla do político, vórtices nun fogar convulso, xogarán tamén un papel ante a opinión pública. A solidariedade, a traxedia, a crueldade e a miseria, convértense en vimbios cos que fabricar unha balsa na que fuxir da propia pobreza moral.

Galego

La Sirvienta

Lera, traballadora do servizo domestico, é acusada dun delito. No calabozo das dependencias dun cuartel da Garda Civil coñece a Mihaela e a Julia, dúas prostitutas coas que comparte a historia que lle salvou a vida. A historia de Vicenta María López Vicuña, fundadora das Relixiosas de María Inmaculada, que desde hai máis de 150 anos levan dedicadas á promoción das mulleres que saían dos seus pobos para labrarse un futuro mellor no servizo domestico da capital.

Galego

Latas

Un equilibrio entre o animal e o humano, unha danza entre o inútil e o belo. Tres personaxes constrúen e destrúen o presente sen outro obxectivo que desafiar o aburrimento. Coñécense tan ben que non necesitan falar. Habitan un mundo onde algo sucedeu, pero non sabemos que. Búscano un pouco en latas, que ao compartilo multiplícase. Unha invitación para xogar indiferente a calquera pensamento. Un momento de felicidade compartida, cun pé neste mundo e outro nunha terra atemporal.

Galego

Castelao

O FalaRedes 2023 ábrese cunha peza de Culturactiva Producións para público de 6 a 10 anos e as súas familias. A autora é Paula Carballeira, a directora Fina Calleja e as actrices Cris Collazo e Mónica Caamaño.

Galego

Orgasmos, la comedia

"Orgasmos, a comedia" é unha comedia de éxito que atraeu a máis de 250.000 espectadores e programadas durante máis de 5 anos en grandes cidades como Madrid e Barcelona, no Teatro Gran Vía e Club Capitol, respectivamente. Empezamos ao xira por España este ano, Non vola podedes perder!

Galego

Amigos ata a morte

Amigos ata a morte, a obra de teatro, verá a luz no cinema este 2023 ano baixo a dirección de Javier Veiga. A repartición da película subirase ao Teatro Colón para un evento especial e único no EMHU, coa proxección da película, unha pequena actuación e un coloquio cos artistas da película. Capitaneados por Javier Veiga, poderemos velo a el, Marta Hazas, David Amor, Xosé A. Touriñán e Xoel López contando as desventuras de Nacho, Anxo e María. Un espectáculo de teatro único para un festival especial.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro