Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Asdomare

Este espectáculo acaba de saír da fábrica en pleno confinamento e quere darlle continuidade a O Pozo das Señoras. ASDOMARE son as mulleres do mar, ou o mar de mulleres. É a senda dos faros que alumean A Maruxaina, A pedra do cu da raíña, Os cantos das conserveiras... Todo o que o mar quita, todo o que o mar deixa.

Un espectáculo de narración oral e música a cargo da consolidada parella formada por Vero Rilo e Sonsoles Penadique.

Galego

MeRe-cidamente

Un torpe artista itinerante fai a súa tola entrada na vila. Todo vai a pior cando o seu axudante non aparece. Erros, triunfos frustrados, material improvisado para sacar adiante o espectáculo: unha vasoira que cobra vida, un monstro no medio do público con chapuzón na auga incluído... e ó final resulta que o espectáculo non era nesa vila!

Clown, malabares, equilibrios e lume son o resultado dun espectáculo no que prima a participación e interacción co público no que este devandito personaxe terá que amañarse para sair victorioso e bulir a fume de carozo para a vila correcta.

Galego

Iguais e diferentes

Espectáculo de concienzación de xénero, ameno e divertido.

Tod@s @s nen@s "teñen un soño" que @s fai únic@s por iso imos contar contos e @s fagan soñar cos seus desexos para entender que somos iguais e podemos traballar xunt@s para lograr vivir sen prexuízos.

Galego

Os tres porquiños

Os tres porquiños é unha obra musical con bonecos a tamaño real. Unha revisión da tradicional fábula para adaptala aos novos tempos, incluíndo a gura de Xan e Xiana, dous exploradores moi afeccionados aos contos, que se adentran no bosque para coñecer os seus personaxes favoritos.

Na súa viaxe, ademais de descubrir a historia, os tres porquiños bailarán ao ritmo das cinco cancións -cantadas en directo- que compoñen o espectáculo, e que teñen unha clara misión didáctica para que os máis pequenos aprendan ou reforcen coñecementos como os números, as cores ou as prendas de vestir.

Galego

Superchica

Superchica, a máis incrible de todos os superheroes, enfróntase a un enigmático e complicado caso, o roubo de todos os peluches da cidade. A nosa heroína infiltrarase no almacén dos 4 Súpermalotes -o Capitán Empanada, Súper Raio, Doutor Enredo e o Home do Saco-, coa intención de recuperalos. Con todo, Superchica enfróntase a un contratempo maior que o destes esperpénticos viláns, perder todos os seus poderes. Conseguirá recuperar os peluches dos nenos? Derrotará co seu enxeño aos 4 Supermalotes?

Galego

Feo!

Caramuxo Teatro presenta un novo espectáculo de pequeno formato , inspirado en“O Parrulo Feo” de Hans Cristhian Andersen, para nenos a partir de 3 anos e familias.

A pequena fábrica de parrulos de Goma “Il Papero Giallo” produce tódolos dias centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, mais un dia sae un parrulo diferente...

Feo! é un canto á diversidade e a esencia de un mesmo, unha comedia para toda a familia.

Galego

Bichocas

Bichocas é un espectáculo adicado á primeira infancia, onde os obxectos e a palabra nos fan viaxar a traverso do mundo animal. As protagonistas das nosas historias aprenderán nesta viaxe a importancia de seren diversas e a posibilidade de compartir coas demais os seus afectos.

Galego

Tras los pasos de Peter Pan

“Tras los pasos de Peter Pan”, é a nova montaxe de Teatre de la Caixeta. Un divertido espectáculo de danza, teatro xestual, pantomima e sombras, que convida a reflexionar sobre a necesidade de crecer sen presa, crecer ao seu debido tempo, gozando de ser neno. E como a través da amizade todo se soluciona.

A historia fala de dúas nenas. Palmira quere ser maior e Sandra só quere seguir gozando dos seus xoguetes. Palmiera quere que Sandra xogue con ela a ser maior... Ata que descobren o libro de Peter Pan e comezan a lelo xuntas.

Galego

Molly y el gigante

Baseado nun conto tradicional inglés, o espectáculo é unha adaptación teatral para unha actriz e un actor que recrean, a través de elementos cotiáns e dun xeito moi divertido, unha historia que nos fala de reencontros, do paso do tempo, do enxeño e do valor. Coma se dun xogo se tratase, vemos coma as personaxes comezan a utilizar as cousas que teñen ao seu alcance dotándoas de vida para contar as aventuras de Molly á vez que nos amosan quen son eles.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro