O corazón na boca
O domingo 21 de abril ás 12:00 horas o Salón Teatro acolle a estrea de 'O corazón na boca', o proxecto de teatro comunitario que o Centro Dramático Galego desenvolve en colaboración coa Federación Galega de Teatro (Fegatea) e a compañía Nauta Teatro, no marco do proxecto europeo Phōnē. O espectáculo conta coa dramaturxia de Nauta e dirección de Rafael Rey e nel participan trece actores e actrices membros dos diferentes grupos de teatro amador asociados á Fegatea.

