Manuel Rodríguez López: emigrante galego, poeta obreiro
Esta exposición itinerante forma parte do PROXECTO MANUEL RODRÍGUEZ que GaliciaDigital e a familia do escritor emprenderon en 2012, co apoio dos concellos de Paradela e Lugo, Deputación de Lugo e Secretaría Xeral de Política Lingüística. Composta por oito paneis, recolle diversos aspectos da vida e obra do escritor. Manuel Oreste Rodríguez López naceu en Paradela (Lugo) no ano 1934. Con tan só seis años emigrou cos seus pais a Barcelona, onde viviu a maior parte da súa vida. En 1987 volveu a Galicia ata falecer en Lugo. Está considerado o mellor poeta obreiro do século XX en Galicia.

