119 aniversario do nacemento de Ánxel Casal
Exposición realizada polo persoal da biblioteca con fondos propios para celebrar deste xeito o nacemento do editor e político galego.

Exposición realizada polo persoal da biblioteca con fondos propios para celebrar deste xeito o nacemento do editor e político galego.
Realizada polo persoal da biblioteca con fondos propios, co obxectivo de darlle a coñecer ao seus usuarios e usuarias á obra do último Premio Nobel de Literatura.
A biblioteca organiza unha exposición cunha representación do seu fondo bibliográfico sobre esta materia e forma parte do programa do Mes da Ciencia en Galego
Os aficionados á ciencia ou os interesados no mundo que nos rodea, poden asistir a este club onde se tratarán temas científicos de actualidade. Para maiores de 16 anos. 3º mércores do mes ás 19:30.
Esta reunión forma parte do programa de actividades do Mes da Ciencia en Galego
Cada semana unha exposición vinculada co Mes da Ciencia en Galego. Unha vez que remate a mostra, os libros poden ser prestados ao usuarios e usuarios.
Do 3 ao 8 de novembro: Ollando cara ao pasado: arqueoloxía, prehistoria, antigas civilizacións.
Do 10 ao 15 de novembro: Poboadores do planeta.
Do 17 ao 22 de novembro: Inventos e descubrimentos científicos.
Do 24 ao 29 de novembro: Ollando ao futuro: os avances tecnolóxicos.
Obradoiro de divulgación co que os máis pequenos e pequenas corroboran o divertida e amena que é a ciencia.
Esta actividade forma parte do programa do Mes Ciencia en Galego.
Froito do aproveitamento do home dos recursos que o mar ofrece e do seu poder de asimilación de residuos, as augas foron sufrindo unha degradación cada vez máis alarmante.
Desa necesidade de protexer os ecosistemas mariños nacen as Áreas Mariñas Protexidas que o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia e a Fundació Territori i Paisatge expoñen nesta mostra realizada coa colaboración da Xunta de Galicia e que se acompaña con fondos bibliográficos da biblioteca.
Visitable en horario de luns a venres de 9 a 21 h e os sábados de 10 a 14 h.
Exposición na Sala Infantil-xuvenil que amosa os inventos e decubrimentos que revolucionaron o mundo e que forma parte do Mes da Ciencia en Galego.
A Asociación Cultural Polonia en Galicia en colaboración coa Organización Turística de Polonia en Madrid, organiza unha exposición na que a través dos contos intenta achegarnos ás cidades de Polonia.