El Quijote: 1615:2015
Selección de obras realizada polo persoal da biblioteca co gallo do aniversario da publicación da segunda parte desta obra emblemática de Miguel de Cervantes.

Selección de obras realizada polo persoal da biblioteca co gallo do aniversario da publicación da segunda parte desta obra emblemática de Miguel de Cervantes.
A Xosé Filgueira Valverde (Pontevedra, 28 de outubro de 1906 – 13 de setembro de 1996) dedícaselle este ano o Día das Letras Galegas. Home de ampla formación, significouse tamén pola diversidade dos seus intereses intelectuais e a multiplicidade de actividades e iniciativas –docentes, académicas, culturais ou políticas– que puxo en marcha e impulsou. A súa pegada, sexa a través das súas numerosas publicacións e intervencións públicas (cursos, conferencias, presentacións), sexa por medio das institucións e organismos, públicos e privados, que promoveu ou aos que estivo vinculado
Na sala infantil difusión da mensaxe de Marwa Al Aqroubi: Moitas culturas, unha historia.
Exposición bibliográfica de autores e ilustradores gañadores do premio Andersen.
Exposición de libros recomendados de lectura procedente dos fondos da biblioteca
O amor polo libro como obxecto e como transmisor da cultura é algo que une a moitas persoas, sobre todo, o persoal das bibliotecas e aos seus usarios e usuarias. Esta paixón compartida polos libros e o que representan é o xermolo desta mostra.
Exposición sobre a tradición da "Pascua Polaca" organizada pola Asociación Cultural Polonia en Galicia na que nos mostran mediante carteis, fotos, etc. a historia das edicións anteriores.
Escolla de libros en diferentes variantes do Portugués coa que se conmemora o 25 Aniversario do pasamento de Ricardo Carvalho Calero.
Selección de libros de poesía e teatro infantil para conmemorar o Día Internacional da Poesía, 21 de marzo, e o Día Internacional do Teatro, 27 de marzo.
Exposición con todo o material bibliográfico co que conta a biblioteca, realizada polo persoal da institución, co gallo do 25 aniversario do seu pasamento.