Divulgación

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Ricardo Carvalho Calero

A Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés réndelle homenxe Ricardo Carvalho Calero no 25º aniversario do seu pasamento, efeméride que se recolle no Calendario do Libro e da Lectua 2015. Para conmemorar esta data, a biblioteca realiza unha exposición onde se exhiben os fondos bibliográficos en todos os soportes documentais relacionados coa vida e a obra do filólogo e escritor.

Na imaxe, Carvalho Calero nunha foto de Moncho Rama.

Galego

Ramón Cabanillas

Co gallo do centenario da publicación de Vento Mareiro de  Ramón Cabanillas, o persoal da biblioteca organiza unha exposición bibliográfico, xa que esta efeméride está recollida no Calendario do Libro e da Lectura de 2015.

Galego

A lección dun cidadán libre

Esta exposición achegarálle á cidadanía, ata marzo de 2015, unha figura imprescindible na cultura española no tránsito do século XIX ao XX, escasamente coñecida na actualidade e cuxo arquivo persoal foi doado á Fundación pola súa filla Eugenia Said Santoro no 1992, e que se custodia na Biblioteca da Fundación Barrié na Coruña.

Galego

40 Anos de represión e resistencia

Con esta exposición preténdese mostrar como levou a cabo a resistencia á ditadura franquista, así como o papel de moitos dos loitadores, descoñecidos en grande parte, cuxa lide se percorre a través dalgún dos documentos que forman parte desta mostra: fichas policiais, correspondencia, prensa, comunicacións e utensilios para levalas a cabo, ou mesmo obxectos persoais dalgunhas destas persoas. Téntase facer unha caracterización o máis completa posible das condicións nas que sobreviviron á persecución emprendida contra eles.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Divulgación