Divulgación

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Exposición dos carteis gañadores do concurso Día das Letras Galegas

Exposición das dúas coleccións de 10 carteis que conforman as dúas exposicións gañadoras do Concurso-Exposición Letras Galegas 2015 de educación infantil e primaria e do Concurso-Exposición Letras Galegas 2014 para ESO, bacharelato, FP e ensinanzas especiais.

Editados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, achegan a figura de Filgueira Valverde ao alumnado de primaria e secundaria e ao público en xeral.  
A exposición compleméntase cunha mostra bibliográfica e catálgo dunha escolla de libros da biblioteca sobre Xosé Filgueira Valverde.
 

Galego

Día do Libro - Premios Cervantes: de Jorge Guillén a Juan Goytisolo

Exposición que con motivo do Día do Libro recolle unha selección da obra dos autores premiados desde a primeira convocatoria en 1975 do premio Miguel de Cervantes e que constitúe unha clara evidencia da significación do Premio para a cultura en español, desde Jorge Guillén a Juan Goytisolo, último galardonado en 2014. 

Durante a semana do Día do Libro (23 de abril) esta mostra forma parte das accións conmemorativas desta efeméride.

Galego

A Danza

A cargo de Dolores Fojón (Directora da Escola de Baile LODANZAS). Exposición de vestiario e fotografías sobre o munda da Danza

Mostra bibliográfica sobre danza realizada polo persoal da biblioteca, con motivo da celebración do Día Internacional da Danza.

Galego

Reinterpretando o Quixote

As fiestras das facultades de Filoloxía, Enfermería, Maxisterio, Biblioteca Ánxel Casal, Facultade de Medicina, Hostal dos Reis Católicos e o Concello, acollen textos co inicio da segunda parte do Quixote.
Esta intervención, organizada po la Asociación Cidadáns Polo Desenvolvemento, nas fachadas dos edificios  ten por obxectivo espertar a curiosidade pola exposición, "Reinterpretando o Quixote", que se vai celebrar no Claustro Alto de Fonseca no mes de abril con algúns dos exemplares do Quixote que alberga a Universidade.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Divulgación