Aínda non o liches: Libros para devorar
Selección de libros realizada polo persoal da biblioteca

Selección de libros realizada polo persoal da biblioteca
A Muralla de Lugo. Patrimonio da humanidade
Exposición das fotografías finalistas e gañadoras do IV Certame de Fotografía "Luces e cores de Elviña", certame que organiza por cuarto ano consecutivo a Asociación Vecinal Elviña 2ª Fase.
Centro de interese de libros para todos os públicos con motivo do Día da Edición 2015, dedicado a Ánxel Casal no seu 120º aniversario.
A biodiversidade é o resultado da evolución e adaptación das especies ás condicións ambientais nas que viven. En Galicia contamos con factores ambientais diversos que caracterizan as diferentes paisaxes do noso territorio - a climatoloxía, orografía, e hidroloxía - dando lugar a unha inxente variedade de ecosistemas: fondos mariños, litorais, marismas, bosques, matogueiras, ríos, regatos, montañas e paisaxes agrarias.
Centro de interese de libros infantís para acompañar á actividade desenvolvida pola animadora “Nita”, que fará para os máis pequenos un achegamento á ciencia.
Mostra realizada polo persoal da biblioteca, co gallo da celebración do Mes da Ciencia en Galego nas bibliotecas.
Centro de interese de libros para adultos sobre conservación da natureza para acompañar á exposición do CEIDA "Galicia: conservando a natureza".
Tanto a exposición coma o centro de interese, visitables ata o 18 de novembro no horario de apertura da biblioteca.
Centro de interese de libros para todos os públicos sobre Xenética para acompañar a conferencia sobre esta materia que imparte Anxo Carracedo, co gallo do Mes da Ciencia en galego na Biblioteca.
Selección de libros infantís e xuvenís sobre Astronomía