Falemos do futuro da vitivinicultura galega
Ciclo de conferencias organizadas para que profesionais de ámbitos moi diversos acheguen a súa visión sobre o cultivo da vide e a produción de viño en Galicia.
O programa é o seguinte:

Ciclo de conferencias organizadas para que profesionais de ámbitos moi diversos acheguen a súa visión sobre o cultivo da vide e a produción de viño en Galicia.
O programa é o seguinte:
Este ano hai 150 anos da construción da torre do reloxo da casa do concello de Lugo.
Deste e dos outros reloxos públicos da cidade vén falar o historiador Adolfo de Abel Vilela.
Horario: 19:30 h.
Salón de actos
Cedemos o espazo para realizar conversas literarias arredor das obras Areanegra na Casa Encantada de Puri Cabido que obtivo o accésit de ensaio do Certame SELIC 2022 e Faise o escuro de Carme Varela, gañadora da sección teatral do mesmo certame.
Faise o escuro de Carme Varela.
Marga Sánchez-Romero falará sobre o seu libro "Prehistorias de mujeres" Unha experiencia de divulgación científica.
Marga Sánchez-Romero é Catdedrática de Prehistoria na Universidade de Granada.
Acto organizado por INCIPIT-CSIC.
Albert Cuchí Burgos falará sobre Santiago e o seu pasado.
Ciclo de Conferencias de Arquitectura: Territorios análogos
Organiza. COAG Santiago
A expedición de Magallanes e Elcano, expedición marítima española do século XVI capitaneada inicialmente por Fernando de Magallanes e culminada por Juan Sebastián de Elcano no seu retorno, logrou completar a primeira circunnavegación da Terra na historia.
Con motivo do Día Internacional da Muller, o xoves 14 de marzo ás 7 da tarde, volven as “Charlas no Etnolóxico”.
Ana Tarrío, catedrática de Matemática Aplicada da UDC e autora do libro “María Wonenburguer. La atrevida matemática a la que nuestro país dio dos veces la espalda”, falará no museo da extraordinaria vida e obra da recoñecida alxebrista.
Día: xoves 14 de marzo
Hora: 7 da tarde
Lugar: Museo Etnolóxico. Ribadavia
Entrada de balde ata completar capacidade
A Rede Museística Provincial de Lugo abre por terceiro ano consecutivo esta comunidade iberoamericana de aprendizaxe virtual a unha experiencia nova: un espazo de conversa, de posta en común e de pensamento colectivo. Dende a perspectiva investigadora e educadora da museoloxía social -en liña co lema do Día Internacional dos Museos deste 2024– e co foco posto no tempo.
Co motivo da celebración do Dia Internacional da Muller o próximo 8 de marzo, no Museo Massó ofrécese unha conferencia co tema "Mulleres en papel. A violencia contra as mulleres nos documentos dos séculos XVIII e XIX", a cargo de José María Leal Bóveda.
Este acto é gratuito e de entrada libre ata completar aforo.
Acollemos e encontro entre as persoas integrantes da Aula de maiores da nosa biblioteca e Eugenio Cornide, médico psiquiatra e psicoanalista, acordeonista e musicoterapeuta que nos falará sobre "A música no desenvolvemento emocional: aplicacións e implicacións".
No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.