Conferencia/Mesa redonda

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Conversas literarias

Cedemos o espazo para realizar conversas literarias arredor das obras Areanegra na Casa Encantada de Puri Cabido que obtivo o accésit de ensaio do Certame SELIC 2022 e Faise o escuro de Carme Varela, gañadora da sección teatral do mesmo certame.

Faise o escuro de Carme Varela.

Galego

Charla sobre María Wonenburguer

Con motivo do Día Internacional da Muller, o xoves 14 de marzo ás 7 da tarde, volven as “Charlas no Etnolóxico”.

Ana Tarrío, catedrática de Matemática Aplicada da UDC e autora do libro “María Wonenburguer. La atrevida matemática a la que nuestro país dio dos veces la espalda”, falará no museo da extraordinaria vida e obra da recoñecida alxebrista.

Día: xoves 14 de marzo

Hora: 7 da tarde

Lugar: Museo Etnolóxico. Ribadavia

Entrada de balde ata completar capacidade

Galego

Mulleres en papel

Co motivo da celebración do Dia Internacional da Muller o próximo 8 de marzo, no Museo Massó ofrécese unha conferencia co tema "Mulleres en papel. A violencia contra as mulleres nos documentos dos séculos XVIII e XIX", a cargo de José María Leal Bóveda.

Este acto é gratuito e de entrada libre ata completar aforo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Conferencia/Mesa redonda