A fotógrafa Ruth Matilda Anderson en Compostela
Ruth Matilda Anderson realizou cinco viaxes por España na década dos anos vinte do século pasado incluíndo a cidade de Santiago de Compostela. Foi entre 1924 e 1926 cando a fotógrafa norteamericana percorreu a comunidade, documentando coa súa cámara a vida cotiá, as tradicións e a paisaxe galega baixo o encargo da The Hispanic Society of America. As súas fotografías, que hoxe forman parte dun arquivo histórico de valor incalculable, ofrecen un testemuño visual único da Galicia rural e urbana de principios do século XX.

