De Pavía a Breda. 100 años de los tercios españoles
A conferencia será impartida polo novelista ferrolano Héctor J. Castro.

A conferencia será impartida polo novelista ferrolano Héctor J. Castro.
Cedemos o espazo para realizar un encontro literario no que as mulleres que integran o colectivo Comadres das Letras, a través de recitado de poemas e lectura de textos, conversarán co público asistente sobre o libro Cereixas roubadas (Alvarellos), segunda publicación do colectivo. O primeiro volume, Contármonos, foi publicado en 2023. O acto estará acompañado ao violín por Elisa Méndez Puentes, estudante de cuarto da ESO no IES de Ames e Zoe de Rojas Rozas, estudante de primeiro de Bacharelato no IES de Sar.
A Biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña presenta a segunda edición de LecturArte, o clube de lectura organizado desde o museo.
LecturArte é un lugar de encontro para persoas lectoras e curiosas sobre o tema da arte, a través da lectura e comentario de novelas ambientadas no mundo da arte, que teñen como protagonistas a artistas ou que presentan cuestións interesantes relacionadas co tema.
Coordina: Cecilia Monllor. Estableceránse dous grupos co seguinte horario:
Este martes 1 de abril e dentro dos actos do Abril Republicano 2025, organizados polos Amigos da República (Ourense) teremos na biblioteca unha conferencia de Francisco Javier Redondo Abal co título: Bibliotecarios en guerra- República, lectura e represión franquista (1931-1942)
No marco das Xornadas de Innovación e Dixitalización para Mozidade (InnovaDavia), coa colaboración do OMIX e o concello de Ribadavia, terá lugar no Museo Etnolóxico unha mesa de debate sobre Intelixencia Artificial e o seu impacto social, coa participación dos ponentes:
Paula Rodríguez Rivera da Universidade de Vigo (campus Ourense) e dous membros de Elitek Soluciones: Jairo Carrera e Nicolás Álvarez.
En 2025 haberá dous eclipses totais de Lúa e un parcial de Sol visibles dende Galicia. Daremos indicacións sobre a visibilidade e as técnicas para observar estes fenómenos.
Ademais falaremos das eclipses de Sol que se producirán na península ibérica nos anos que veñen, que farán da península un dos lugares do mundo máis axeitados para disfrutar deles.
A biblioteca cede o espazo á Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS para realizar a charla “A segunda opinión médica” que está a cargo da xurista e membro da Asociación de Pacientes Rosana Fernández. O dereito a unha segunda opinión médica ten o seu primeiro reflexo normativo na Lei 16/2003, do 28 de maio, de cohesión e calidade so sistema nacional de saúde. A nivel autonómico o recoñecemento non se producirá ata a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, posteriormente ampliado coa Lei 12/2013, do 9 de decembro, de garantías de prestación sanitarias.
Preestrea de «ANATOMÍA DUN FORNO»: presentación do documental dirixido por Illa Bufarda S. Coop. Galega.
Parladoiro «DESVELANDO AS INCÓGNITAS»: exposición das persoas participantes desvelando a travesía experimental, da mirada particular cara ao forno, e das consecuencias futuras.
Pepa Rey Castiñeiras: profesora titular de Universidade da USC ata a súa xubilación no ano 2022. Formou parte do Grupo de Estudos para a Prehistoria do NO Ibérico. Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEPN–AAT); ten dirixido varias teses de doutoramento e é autora de numerosas publicacións.
O relator será Santiago Ferrer Sierra.
Arqueólogo pola USC, é especialista en arqueoloxía romana e autor de numerosos artigos, libros e colaboracións en obras colectivas. Codirector xunto co profesor Rodríguez Colmenero primeiro e director despois das intervencións arqueolóxicas no campamento romano de Aquae Querquennae. É Académico correspondente da Real Academia Galega de Belas Artes.
As conferencias terán lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso, 30. Ourense
O Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho (Portugal) e o grupo musical Canto d'Aquí organizan un ano máis estas converxencias destinadas a estreitar os lazos culturais entre as comunidades galega e portuguesa a través da unión entre voces e músicas, danza, teatro, cinema e literatura, nun encontro que nesta undécima edición terá actividades en Braga, Padrón, Ponteareas, A Estrada e Santiago de Compostela.