Conferencia/Mesa redonda

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Arqueoloxía en Monodose

O relator será Santiago Ferrer Sierra.

Arqueólogo pola USC, é especialista en arqueoloxía romana e autor de numerosos artigos, libros e colaboracións en obras colectivas. Codirector xunto co profesor Rodríguez Colmenero primeiro e director despois das intervencións arqueolóxicas no campamento romano de Aquae Querquennae. É Académico correspondente da Real Academia Galega de Belas Artes.

As conferencias terán lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso, 30. Ourense

Galego

O fado en Portugal

O Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho (Portugal) e o grupo musical Canto d'Aquí organizan un ano máis estas converxencias destinadas a estreitar os lazos culturais entre as comunidades galega e portuguesa a través da unión entre voces e músicas, danza, teatro, cinema e literatura, nun encontro que nesta undécima edición terá actividades en Braga, Padrón, Ponteareas, A Estrada e Santiago de Compostela.

Galego

ARQUITECURAS QUE FALAN DO SEU TEMPO

O Museo de Belas Artes organiza un ciclo de conferencias no marco da exposición "Arquitecturas que falan do seu tempo".

Salón de actos do Museo 19.00 h Entrada libre

  • Xoves 23 de xaneiro

"Modernidade na Academia: das primeiras arquitectas racionalistas ata hoxe"

Luz Paz Agras | Doutora arquitecta e profesora na ETSA-UDC

  • Venres 24 de xaneiro

"Mestres na arte de construír: a fortuna dun legado"

Jesús Ángel Sánchez García | Doutor e Catedrático en Historia da Arte pola USC

 

Galego

As listas de espera. Asistencia demorada, asistencia denegada

A biblioteca cede o espazo á Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS para a realización da charla "As listas de espera. Asistencia demorada, asistencia denegada" que contará coa presencia de Fernando Abraldes, economista e presidente da asociación; Carme Pazos, filóloga e profesora de lingua galega; Xaime López, licenciado en CC.Empresariais e técnico da Administración Xeral e Aida Castro, Fisioterapeuta. 

Galego

CICLO DE CONFERENCIAS DE OUTONO

CICLO DE CONFERENCIAS DE OUTONO do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

  • Escavar en Palestina é máis que arqueoloxía. O proxecto da UDC en Cisxordania

Juan Luis Montero Fenollós

Data: 6 de novembro

Hora: 19.30 h

Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel. Aula 2º andar. Ourense

Entrada libre ata completar capacidade

 

  • O grupo neandertal da Cueva del Sidrón. Asturias

Marco de la Rasilla Vives

Data: 15 de novembro

Hora: 19.30 h

Galego

Dacia Maraini, unha vida e catro libros

Acto dedicado á soada autora que presentará a escritora Isabel Parreño en conversa con Daniela Sarraino, presidenta do Comité DanteVigo, acerca da escritora italiana, filla do etnólogo orientalista florentino Fosco Maraini e da pintora Topazia Alliata dei Salaparuta, descendente dunha familia siciliana. Maraini pasou a súa infancia en Xapón, tal como se relataen La nave per Kobe e Vita Mia. En 1957 cofundócofundou a revista literaria Tempo dei Letteratura.

Galego

Como se fixo Cinza

Manel Cráneo e Xavier Alcalá falarannos da súa novela A nosa Cinza e explicarán o proceso creativo de adaptación da mesma a banda deseñada. A obra percorre os anos da ditadura desde a mirada inocente de Xoán, un rapaz que pasa da infancia á adolescencia marcado pola situación social da época: primeiras amizades, primeiros amores, primeiros desenganos na vida e o constante peso da represión educativa e relixiosa. Unha obra vixente que acada unha nova vida no formato de novela gráfica editado por Demo Editorial.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Conferencia/Mesa redonda