Conferencia/Mesa redonda

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Conferencias no marco da exposición "Memoria e azougue"

En relación á exposición fotográfica “Memoria e Azougue. A liñaxe dos Llanos (1897-1970)”, o Museo Etnolóxico presenta un ciclo de conferencias que comenzarán o venres 25 de abril ás 8 da tarde da man de María Soliña Barreiro González e continuará con outras dos conferencias realizadas por Vitor Vaqueiro Foxo e Eduardo Ochoa o sábado 10 de maio ás sete da tarde. Os títulos son os seguintes:

- 25 de abril: Retrato e clase na fotografía galega do primeiro terzo do século XX, por María Soliña Barreiro González

Galego

Inauguración da exposición e charla “A crise dos polinizadores: un reto para a conservación medioambiental”

Inauguración da exposición e charla “A crise dos polinizadores: un reto para a conservación medioambiental” a cargo de Luis Navarro, doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, catedrático de Botánica na Universidade de Vigo e director do Grupo de investigación en Ecoloxía e Evolución da Universidade de Vigo e o Grupo de divulgación científica Divulgare.

Galego

Homenaxe a Marquesa de Parabere (María Mestayer de Echagüe)

María Mestayer de Echagüe, coñecida tamén baixo o pseudónimo de Marquesa de Parabere, foi empresaria e autora dalgunhas das obras gastronómicas españolas de referencia. Foi a súa inexperiencia nas artes culinarias o que a levou a ler publicacións gastronómicas e a experimentar na cociña. En 1933 publicou a “Enciclopedia culinaria. La cocina completa” na editorial Espasa-Calpe que está considerado como un dos recetarios clásicos da cociña española.

Outras publicacións súas son:

Galego

BibliotecArte! "A Escola de Atenas"

Nova sesión de BibliotecArte! dedicada a Rafael Sanzio de Urbino e a súa obra A Escola de Atenas (1512), unha das pinturas ao fresco máis interesantes do Renacemento italiano e da Historia da Arte. 

Atopada nas chamadas Estancias de Rafael do Palacio Apostólico no Vaticano, A Escola de Atenas é unha alegoría da Filosofía e ten un profundo significado ao que trataremos de achegarnos 

Coordina Ana Álvarez Veira

Salón de actos

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Galego

Arqueoloxía en Monodose

Nesta ocasión, dentro do ciclo "Arqueoloxía en monodose", que organiza o Museo, Xosé Pedro Rodríguez Álvarez e Arturo de Lombera Hermida serán quen presenten "Sima del elefante (Atapuerca) e o primeiro poboamento de Europa".  Os xacementos de Atapuerca están a contribuír ao coñecemento do poboamento europeo, así como á historia da especie humana. É o caso da Sima del Elefante, onde se recuperou o fósil dun novo ser humano que habitou o continente europeo hai uns 1,4 millóns de anos.

Galego

Arqueoloxía en Monodose

Nesta ocasión, dentro do ciclo "Arqueoloxía en monodose", que organiza o Museo, Víctor Rodríguez Muñiz será o relator a cargo de "Idade Media no Val do alto Támega: o exemplo do conxunto arqueolóxico da Ceada das Chás-Castelo de Lobarzán". Situado nun enclave estratéxico para o control dos vales do Búbal e Támega, o que motivou unha importante ocupación humana na Prehistoria recente, este conxunto arqueolóxico, entre os concellos de Oímbra e Monterrei, desvendouse, nas escavacións dirixidas por Beatriz Comendador Rey e Víctor Rodríguez Muñiz, como un enclave fundamental para coñecer a histo

Galego

Encontros sobre patrimonio construído

Exposición e debate de investigacións recentes sobre intervencións no patrimonio construído como parte da creatividade e a evolución da arquitectura moderna e contemporánea.

Conferencia por Juan José Lahuerta. Organizado pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña (ETSAC-UDC) en colaboración co Grupo de Investigación e Desenvolvemento en Artes e Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Conferencia/Mesa redonda