Nomeamento de María Solar como Amiga de UNICEF Comité Galicia
A biblioteca cede o espazo para o nomeamento de María Solar como Amiga de UNICEF Comité Galicia.
A escritora e xornalista ten unha longa traxectoria de colaboración na defensa dos dereitos da infancia con UNICEF polo que vai ser nomeada Amiga de UNICEF Comité Galicia.
Estará acompañada no acto por Myriam Garabito e Irene Marín Barca, presidenta e coordinadora de UNICEF Comité Galicia, respectivamente.
No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

