A cor das palabras: Susana de Sousa Dias e Ansgar Schaefer
No encontro, titulado «Abrir a(s) historia(s). O proceso de realización de Viagem ao sol», De Sousa e Schaefer afondarán no proceso de investigación e creación que deu lugar ao seu último filme, que estreamos de maneira exclusiva en salas españolas o venres 2 de xuño. Viagem ao sol constrúese exclusivamente cos testemuños actuais e as imaxes de arquivo de nenos e nenas de orixe austríaca que foron enviados á Portugal salazarista ao remate da Segunda Guerra Mundial.

