Conferencia/Mesa redonda

Galego
Taxonomy Imagen png: 

“Diálogo entre as psicoanalistas e doutoras en Arte Jazmín Rincón e Rosa Vázquez e o psicoanalista Manuel Fernández Blanco”.

A biblioteca cede o espazo para a realización do “Diálogo entre as psicoanalistas e doutoras en Arte Jazmín Rincón e Rosa Vázquez e o psicoanalista Manuel Fernández Blanco”  no marco dos “Diálogos entre a psicoanálise e a arte”.

Manuel Fernández Blanco é psicoanalista en A Coruña, membro da Escola Lacaniana de Psicoanálise -da que foi presidente- e da Asociación Mundial de Psicoanálise, na que ocupou diversos cargos de responsabilidade. É tamén docente de psicoanálise no Instituto do Campo Freudiano e ten publicados libros e numerosos artigos sobre o tema.

Galego

A endometriose, a epidemia oculta

A biblioteca cede o espazo á Asociación QueRENDO Mulleres con endometriose para realizar o faladoiro A endometriose, a epidemia oculta que estará a cargo de Cristina Fernández Feijoo, presidenta da Asociación e que ten como obxectivos coñecer e recoñecer os síntomas, os tratamentos, a abordaxe no sistema público de saúde da endometriose e o nesgo de xénero desta doenza. 

Está dirixido a persoas que queiran ter máis información sobre esta enfermidade aínda pouco recoñecida. 

No salón de actos ás 19:00h. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

CONFERENCIA MULLERES DE SEU NO MAR GALEGO: A FAMILIA LLAUGER DE VILANOVA DE AROUSA

MULLERES DE SEU NO MAR GALEGO: A FAMILIA LLAUGER DE VILANOVA DE AROUSA

Co gallo do #DíaInternacionaldaMuller, o mércores 8 de marzo, ás 19:00 h., terá lugar no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, unha conferencia, á que se poderá asistir presencialmente ou verse en directo en Youtube: https://www.youtube.com/@arquivohistoricoprovincial1311

A conferencia será impartida por:

- José María Leal Bóveda, licenciado en Xeografía pola Universidade de Oviedo e profesor de Extensión Universitaria da UNED Pontevedra.

Galego

II Encontro de Xestores de Itinerarios Culturais do Consello de Europa en España

A Consellería de Cultura e Turismo de Galicia organiza en Santiago, na Cidade da Cultura, os días 8 e 9 de marzo, segunda reunión de directivos de Itinerarios Culturais Europeos en España. Participarán neste congreso para técnicos especialistas a maioría dos 25 itinerarios europeos representados en España. Rutas de tanta importancia como a do Megalitismo, a Arte Rupestre Prehistórica, os viquingos, os xudeus, Carlos V e o Camiño de Santiago, entre outros.

Galego

Endometriose, a epidemia oculta

Cristina Fernández Feijoo, presidenta de "querENDO: mulleres con endometriose, impartirá unha conferencia na que se falará desta doenza inflamatoria, progresiva e de orixe descoñecida, a fin de que as mulleres, ás que afecta, poidan diagnosticala a tempo.

Sala multiusos, 2º andar.

Entrda de balde ata completar a capacidade da sala.

Galego

Non vale renderse

Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade Autónoma de Barcelona e pola Escola Superior de Administración e Dirección de Empresas (ESADE).

Aterra o 6 de marzo ás 19h, no Auditorio Mar de Vigo para expoñer a súa Mentes Expertas Non vale renderse. Máster en Administración de Empresas por ESADE. Os seminarios e conferencias que imparte, na súa gran maioría, están enfocados ao desenvolvemento de actitudes prol-activas no ser humano.

Galego

Conferencia Mundial de Educación

Nesta Conferencia, que vai celebrarse en Santiago de Compostela, Galicia, España, do 16 ao 18 de febreiro do 2023, abordaranse tres grandes áreas da educación: Quen educa, Educar para transformar e humanizar, e Educar para coidar o planeta. Destacados especialistas abordarán durante tres días os tópicos máis importantes sobre estas cuestións. A Conferencia finalizará co Manifesto Compostela sobre a Educación e os ODS 2030.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Conferencia/Mesa redonda