Diálogo co director de cine, músico e escritor italiano Claudio Zulian
No marco dos “Diálogos entre a psicoanálise e a arte” a biblioteca cede o espazo para a realización dun encontro co director de cine, músico e escritor italiano Claudio Zulian. Doutor en Estética, Ciencia e Tecnoloxía das Artes pola Universidade de París-Saint Denis (Francia) as súas obras artísticas e as súas películas teñen unha difusión internacional. Entre as súas exposicións destacan “Vidas” no Centro Galego de Arte Contemporáneo de Santiago de Compostela (2022) e “Historias del porvenir” no Centro de Arte Jeu de Paume de París (2013).

