Conferencia/Mesa redonda

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Primaletras: Acto central Día do Libro: Encontro con Xesús Fraga

Licenciado en Periodismo pola Universidade Pontificia de Salamanca, Xesús Fraga desenvolve a súa carreira como redactor de La Voz de Galicia desde o ano 1997. No eido literario, cultiva diversos xéneros desde a narrativa e infantil e xuvenil ata narrativa para adultos.

Ao longo da súa traxectoria, Fraga foi recoñecido con importantes galardóns como Premio Raíña Lupa de Literatura Xuvenil no ano 2013 por "Reo" e co Premio Nacional de Narrativa en 2021 por "Virtudes (e misterios)", tamén galardoada co Premio da Crítica de Galicia.

Galego

Primaletras: Encontro dos Clubs de Lectura Infantil con Antonio García Teijeiro

Encontro co escritor co escritor Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no 2017, pola súa obra Poemar o mar, que conversará sobre o proceso creativo de escribir e publicar un libro.

García Teijeiro tamén recibiu os premios Merlín pola obra Na fogueira dos versos (1996), libro co que entrou na listaxe de honra do IBBY, o Premio Europeo Pier Paolo Vergerio, promovido por la Universidade de Padua (1998) e o Premio de poesía "Illas Sisargas" co poemario Arredor do teu corpo (2006), entre outros.

Galego

Primaletras: encontro de Jesús Castro Yáñez cos dous grupos do club QUEERuña

Actividade incluída na programación do Festival literario e cultural “PrimaLetras” posto en marcha na cidade da Coruña para celebrar as efemérides relacionadas co libro e a lectura dos meses da primavera (marzo/maio).

"Campo de plumas: poemas LGBT+ para a mocidade dende a Antigüidade ata hoxe" é unha escolma e tradución de Jesús Castro, que escolle moi atinadamente poemas de todos os tempos e latitudes que dan conta de diversas identidades e orientacións sexuais. 

Galego

Galiza en No-Do

NO-DO, acrónimo de Noticiario Documental, foi o organismo de propaganda cinematográfica do réxime franquista e nel e a través del inventáronse e promocionáronse un gran número de arquetipos sobre Galiza. Isto convertiu a NO-DO nun potente aparato de representación cultural.

Galego

O que o entreliñado agocha

Son as palabras esborranchadas nos libros as que transcenden. Elas aduban, contan, omiten, relatan, anuncian, renuncian, abraian e desolan. Mais son outras as que soerguen o texto, as que permiten que a arquitectura fráxil do relato se sosteña, andamios de estrutura firme, sen as cales a narración esborrallaría coma un castelo de xabre. Esas historias que non aparecen en ningún manuscrito, en ningunha proba de imprenta, en ningún texto publicado conforman un universo estraño e inédito, apenas intuído nos parágrafos.

Galego

Durero ou a nova consciencia artística alemana

Durero é o primeiro artífice ao norte dos Alpes que tanto na súa vida como na súa obra plástica e as súas reflexións teóricas manifesta a clara consciencia de ser un creador ao modo renacentista. No tránsito do século XV ao XVI iso implica superar a mera concepción artesá e a asfixiante estrutura gremial para subscribir unha ambición intelectual propiciada pola súa frecuentación dos círculos humanistas de Núremberg.

Galego

Os fillos de Leonardo e Laocoonte. Dos Hernandos a Alonso Berruguete

Durante as dúas primeiras décadas do século XVI, Roma e Florencia convertéronse na scuola do mondo. Os xenios de Leonardo, Miguel Ángel e Rafael encabezaron unha extraordinaria xeración de creadores, entre os que se contan un grupo de novos pintores e escultores españois que residiron e traballaron en Italia. Os Hernandos (Fernando Yáñez e Fernando Chairos), Pedro Machuca, Bartolomeu Ordoñez, Diego de Siloé ou Alonso Berruguete demostraron unhas calidades que lles permitiron descollar no competitivo mundo artístico italiano.

Galego

Sandro Botticelli, entre o profano e o sacro

O pintor florentino Alessandro Filipepi, coñecido como Sandro Botticelli (1444/1445-1510), pasou de gozar de considerable fama en vida a caer nun certo esquecemento ata que no século XIX a súa memoria foi recuperada con entusiasmo, para converterse entón e ata os nosos días nun dos creadores máis admirados do Renacemento. Tras formarse con Filippo Lippi, emprendeu unha prolífica carreira autónoma que lle levou a dirixir un importante taller no seu Florencia natal capaz de competir cos de mestres como Perugino grazas ás súas apreciadas invencións e á súa coidada execución técnica.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Conferencia/Mesa redonda