Conferencia/Mesa redonda

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Conferencia sobre Concepción Arenal no Circo de Artesáns

“O PENSAMENTO FEMINISTA E SOCIAL DE CONCEPCIÓN ARENAL”

Conferencia de MARÍA XOSÉ PORTEIRO GARCÍA , xornalista e escritora.

DÍA: 6 de abril de 2022 (mércores/cuarta-feira)

HORA: 19:30 horas

LOCAL: Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos (“Circo de Artesáns”)

Rúa Santo André, número 36 – CORUÑA

(O acto estará presidido polo magnífico busto de Concepción Arenal realizado polo escultor Eugenio Duque y Duque (1835-1910) e que é propiedade do Circo de Artesáns.)

ACTO PÚBLICO, ABERTO A TODA A CIDADANÍA

Galego

Coloquio sobre a gravación audiovisual Músicas inéditas na Casa-Museo Emilia Pardo Bazán

A Casa-Museo Emilia Pardo Bazán é o escenario dunha das propostas do proxecto “Músicas inéditas en casas literarias”, un proxecto de investigación, interpretación e divulgación do patrimonio musical galego para guitarra inédito ou pouco coñecido. O fogar da escritora coruñesa acolleu a gravación das obras da compositora galega Gloria Rodríguez Gil (Vigo, 1972) interpretadas na guitarra clásica por Samuel Diz (Tui, 1986), na procura dun diálogo dende a música coa contemporaneidade do pensamento e a obra pardobazaniano.

Galego

Conferencia "O monte galego. do carballo ao eucalipto" no Circo de Artesáns

“O MONTE GALEGO: DO CARBALLO AO EUCALIPTO”

Conferencia de ANTONIO RIGUEIRO RODRÍGUEZ, catedrático da USC adscrito ao Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría (Campus de Lugo) e destacado investigador. Actualmente preside a Asociación Forestal de Galicia.

DÍA: 31 de marzo de 2022 (xoves/quinta-feira)

HORA: 19:30 horas

LOCAL: Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos (“Circo de Artesáns”)

Rúa Santo André, número 36 – CORUÑA

Galego

¿Arte femenino?, ¿arte feminista? o, simplemente ¿arte?

Nova actividade de CUBO, centrarase nunha mesa redonda sobre ‘¿Arte femenino? ¿Arte feminista? O, simplemente… ¿Arte?’ coa participación das artistas Rebeca Lar, Ruth Lodeiro, Andrea Mosquera, Mar Caldas, Isha D’Orlemont, Pilar Alonso y Marian Núñez .

Nesta actividade tamén se fará a clausura da exposición ‘Destecer o sentido’,  a mostra recollía obras de arte textil de 17 artistas, especialmente de Galicia e Cataluña. Ademais, presentarase dous novos cadernos de ‘Tantas imaxes’ dedicados ao Arte Textil.

Galego

Primaletras: Acto central Día do Libro: Encontro con Xesús Fraga

Licenciado en Periodismo pola Universidade Pontificia de Salamanca, Xesús Fraga desenvolve a súa carreira como redactor de La Voz de Galicia desde o ano 1997. No eido literario, cultiva diversos xéneros desde a narrativa e infantil e xuvenil ata narrativa para adultos.

Ao longo da súa traxectoria, Fraga foi recoñecido con importantes galardóns como Premio Raíña Lupa de Literatura Xuvenil no ano 2013 por "Reo" e co Premio Nacional de Narrativa en 2021 por "Virtudes (e misterios)", tamén galardoada co Premio da Crítica de Galicia.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Conferencia/Mesa redonda