Cinema Club
O grupo Volando Libre ofrécenos unha excelente panorámica da música para cinema dos séculos XX e XXI. Unha marabillosa oportunidade para gozar coas máis famosas melodías da sétima arte.

O grupo Volando Libre ofrécenos unha excelente panorámica da música para cinema dos séculos XX e XXI. Unha marabillosa oportunidade para gozar coas máis famosas melodías da sétima arte.
Grupo de recente creación formado por Xiana Lastra (voz), Juan Collazo(percusión) e Roberto Rama (saxo) que sacará á rúa no mes de maio o seu primeiro traballo discográfico: "A lúa prendeu a luz"
Despois de varios anos participando doutros proxectos musicais como Odaiko, Fía na Roca, Os d'Abaixo ou O meu primeiro Celso Emilio e A miña primeira Rosalía, a nosa amizade empurrounos á aventura de tocar os tres xuntos e así naceu Puntada sen fío.
Os Terrakota presentan novo disco 'Wontanara'. A banda sen fronteiras regresou ao estudo e estará na estrada en 2015. Estiveron lonxe dos escenarios durante dous anos, tras trece anos de carreira nos que se tornaron unha das referencias das músicas de fusión multiétnica, con presenza asidua nos principais escenarios nacionais e internacionais da world music e do reggae.
Subirán tamén ao escenario os malagueños Malaka Youth e os ferroláns Reberl Roots.
Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.
Como consecuencia da súa constante ansia por se renovar e a experiencia a través de tantas xiras por Europa e América do Sur e do Norte, a Orquestra 'Os Modernos ofrécelles ao público un repertorio renovado de bailes como manda a última moda: foxtrot, baião, chotis, habanera ou tango americano, corrido, rumba, mazurca e incluso un avant-garde twist, sen esquecer tampouco eses ritmos máis arcaicos e propios do noso folclore como a muiñeira ou a xota. Os bailadores e bailadoras confidentes séntense protagonistas arroupados ao tempo que illados, ao estar a música exclusivamente ao servizo do s
Dende 2011 dáse a coñecer por todas as salas e vilas de Galicia acompañada pola guitarra e experiencia de Zahori (Javier López de Guereña) e con manoxo de cancións cheas de frescura e inxenio.
A idea de Galician on Board é facer unha viaxe no tempo trasladándonos ao s. XIX e representar o profundo cambio que se produciu en Galicia ata os nosos días.
Conceptos como labrego, folclore, emigración, industrialización, etc., están presentes ao longo do show nunha viaxe músico-percusivatratada dun xeito vangardista.
Brinca Vai! 2.0 é un espectáculo musical e audiovisual baseado no libro-cd-dvd “Brinca Vai!”,editado por Kalandraka Editora, no que se combinan cancións, imaxes, videos, animacións,
retransmisións en directo e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos.
Alfonso D. Rodríguez Castelao, Branco Porto, Iglesias Vilarelle ou Losada Diéguez xuntáronse polo ano 1925 para fundar a Sociedade Coral Polifónica, que ofrecía o seu primeiro concerto público o 9 de abril aproveitando a celebración do Xoves Santo na igrexa conventual de San Francisco.
Grupo de música extremo festeiro de repertorio taquicárdico, que vai das melodias balcánicas a coñecidas pezas da música clásica e do cine, pasando pola música tradicional galega e latina, aportándolle sempre o espírito necesario para o baile e a festa.
A banda está integrada por instrumentos de vento-metal e percusións varias. A formación principal compóñena: trompeta, clarinete, saxo alto, saxo tenor, trompa, trombón, tuba, caixa readornada, timbais e bombo-platos.
A música de Caramuxo Vermello pódese recoñecer por ter unha sonoridade novidosa e un estilo progresivo caracterizado por ritmos arriscados, melodías evocadoras e letras poéticas con pinceladas de humor, ao que lle chaman R&F (Rithm & Free).
Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.