Caxade
Caxade é o novo proxecto persoal de Alonso Caxade. Indie-folk cun arrecendo a música minimalista e a sons bucólico-pastorís da vella Europa. Música elegante, modesta e sinxela, surrealismo pos-modernista e discurso reivindicativo, metafórico e irónico.
Esta actuación forma parte do programa Seráns Culturais, que organiza a Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo.

