Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

XIX ciclo de concertos da Asociación Galega de Compositores

Gregorianus Guitarra - Jesús González
Ramón Carnota Méndez - guitarra
 
Preludio e danza galaica - Manuel Alejandre
Santiago Barro Pita - piano
Plácido amencer - Eligio Vila
Santiago Barro Pita - piano
Tardes de outuno, romanza sen palabras - Eligio Vila
Santiago Barro Pita - piano
 
Devaneio - Manuel Alejandre
Emilio Espasandín - clarinete
Gabriel López Rodríguez - piano
 
Danza Española - Manuel Alejandre
Viobach, estudio nºI - Israel Alonso
Angel Enrique Sánchez Marote - violín

Galego

A Gramola Gominola

O Museo do Pobo Galego celebra o San Martiño cun espectáculo familiar no que se mesturan castañas e rock&roll,  a cargo da formación A Gramola Gominola.

A capacidade do lugar do concerto é limitado, pero as entradas poderanse coller no propio Museo desde o día 12, ás 16 horas, cun límite de catro por persoas.

Galego

Dentro dunha paisaxe … música é música

O pianista Francesco Tristano será o protagonista das Xornadas de Música Contemporánea o mércores 28 de outubro, no que será o penúltimo concerto do ciclo.

"Sr. Gershwin: a música é a música". Esta frase de Alban Berg que fala da música como unha linguaxe universal, única e indivisible, podería resumir o ideal estético e musical de Francesco Tristano, singular intérprete, director e compositor, amante de Bach e do techno, que non deixa a ninguén indiferente co seu particular, creativo e orixinal xeito de entender o deseño dun programa de concerto ou dunha gravación discográfica.

Galego

Frankenstein! pan-demonium macabro e humorístico

Frankenstein!! é teatro musical, cabaré, ópera... iso e máis. Esta é a proposta da programación didáctica, infantil, xuvenil e familiar das Xornadas de Música Contemporánea

HK Gruber atravesa as barreiras entre xéneros seguindo a estela dos heroes de cómic e iconas cinematográficas que enchen os versos de H. C. Artmann. As fantasías infantís mestúranse con pesadelos de adultos na medida en que atopamos a Frankenstein, vampiras, a Superman ou a Batman, en situacións que van do macabro ao humorístico.

Galego

Elementa!

As Xornadas de Música Contemporánea acollen a estrea absoluta de 'Elementa!' , proposta do quinteto Zoar con música expresamente composta por Fernando Buide e Federico Mosquera.

Da parte visual do espectáculo encárgase Ana Inés Jabares, premio Linbury de Escenografía, quen deseñou a escena que Xiana Vilas e Alfonso Rivera e Belén Bouzas encherán de dinamismo a través do teatro físico.

Galego

A orillas del Sar… música galega para banda

Froito do proxecto de recuperación do arquivo histó- rico da formación compostelá impulsado polo programa Descubrindo as nosas músicas, na primeira parte dedicada á música galega de finais do século XIX e principios do XX, poderemos gozar da inspiración que Rosalía de Castro supuxo no compostelán Pepe Curros (A orillas del Sar e Airiños da miña terra) e dun valse de Felipe Paz Carbajal.

Galego

aDesTempo - Contos de sempre contados como nunca

Este concerto das Xornadas de Música Contemporánea enmmárcanse en aDesTempo, programación didáctica, infantil, xuvenil e familiar

Contos de sempre contados como nunca, é concerto para caixa de música, orquestra e narrador, intepretadoo pola Orquestra do Espazo de Cámara da USC, con Mario Diz como director.

Recomendado para nenos e nenas a partir de 6 anos.

Entrada de balde, previa recollida.

Galego

Siempre/Todavía ópera sen voces de Alfredo Aracil e Alberto Corazón

Siempre/Todavía é un espectáculo singular no que xunto á música de Alfredo Aracil, para piano solo, as imaxes de Alberto Corazón, proxectadas sobre unha pantalla, nos van pouco a pouco desvelando un texto...

A súa materia prima son unhas anotacións do propio Alberto Corazón nos seus cadernos de viaxe durante unha transcendental estadía en Damasco antes da traxedia que hoxe a asola.

Galego

O violín contemporáneo… unha nova técnica para a nova música

Na historia da música sobran referencias ao aspecto non humano, referencias ao diabólico do son dun instrumento… o violín. Esta visión do instrumento ben pode ter que ver con dous aspectos inexplicables pola súa contradición: a súa enigmática forma, que practicamente non mudou nada dende a súa orixe hai case medio milenio, e a súa infinita capacidade de adaptarse a cada estilo de música de calquera época…

John Cage escribía: “estou máis confundido que nunca sobre as posibilidades case ilimitadas do violín”.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto