Proxecto Cupeiro & Yulkhnevich
Abraham Cupeiro e Vadzim Yukhnevich presentan Compromiscuo, o seu primeiro traballo discográfico no que desenvolven un tipo de música que emana de distintos estilos como o jazz, a rapsodia ou a música clásica e á que aportan o seu selo especial nun eclecticismo desenfrenado. Conectan o inusual cornetto barroco co tango arxentino ou a gaita irlandesa con J.S. Bach. Aínda que o instrumento que máis curiosidade vai despertar será o Karnyx, unha especie de xigantesca trompeta céltica da época dos romanos, que impresiona pola súa poderosa presencia e a súa sutil sonoridade.

