Concerto de DEVIR con Xabier Díaz e Anxo Pintos
DEVIR é unha viaxe sonora desde as nosas raíces ata a fusión de novos sons e harmonías, protagonizada por persoas con diversidade funcional da Fundación Igualarte.
Contan neste día coa especial colaboración dos músicos Anxo Pintos e Xabier Díaz ex-compoñentes do desaparecido grupo Berrogüeto.

