Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Buhos

Natura Salvatge é un disco coherente, sen fisuras, orgánico, onde o ska rock máis directo e os ritmos reggae son os protagonistas absolutos e co que contaron coa complicidade de reputados artistas que quixeron sumarse á súa nova aventura discográfica. Amistades que forxaron compartindo escenario, backstage e sobre todo, moitos momentos de fraternidade. Falamos de Pulpul de Ska-P, Albert Pla , Alguer Miquel e Marcel 'Tito' Lázara de Txarango, Els Catarres ao completo e Ferran Gallart de Strombers, David Rosell de Dept.

Galego

Caxade

Caxade é o novo proxecto persoal de Alonso Caxade. Indie-folk cun arrecendo a música minimalista e a sons bucólico-pastorís da vella Europa. Música elegante, modesta e sinxela, surrealismo pos-modernista e discurso reivindicativo, metafórico e irónico. 

Esta actuación forma parte do programa Seráns Culturais, que organiza a Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo.

Galego

Shinova

Ana y el Artista Temerario é o título do novo álbum dos biscaínos SHINOVA, unha das bandas con maior personalidade dentro do panorama e cuxo último traballo está sendo dos máis agardados este ano na escea musical estatal. 

Galego

Compromiscuo. Cupeiro & Yukhnevich

A viaxe musical que propón esta formación conecta con instrumentos pouco usuais como o Cornetto -un instrumento que tivo o seu esplendor no século XVII e que se emprega para facer unha versión do Oviblion de Piazzola-, ou unha Gaita Irlandesa coa que se fai outra versión do Aria da suite en Re de Bach. Pero sen dúbida o instrumento máis raro dos que utilizan é o Karnyx, un instrumento celta que, aínda que sinxelo na súa mecánica, é moi versátil á hora de facer música con el.

Tamén hai na actuación temas propios onde se empregan instrumentos orixinais de principios do século XX.

Galego

Por amor ao canto

Arredor da celebración do día de San Valentín, o grupo de canto A Baiuca ofrecerá un amplo repertorio de temas amorosos que estará precedido pola interpretación de serenatas por algunhas rúas de Arteixo.

Galego

Concerto de Izal

Izal da un xiro de 180º no xeito de entender a música e a súa xestión. Logo de moitos anos traballando por separado 5 músicos unen as súas forzas para consolidar nun só ano, a base de esforzo e calidade, e comezando de cero un novo proxecto musical: Izal. É a música por enriba de todo.

Galego

Lembrando a Rosalía - Poesía e música coral en homenaxe a Rosalía de Castro

Concerto ofrecido polo Coro de Cámara da Coruña dirixido por Julián Jesús Pérez, con motivo do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, para gozar da música coral e mergullarse na poesía de Rosalía de Castro e outros autores como Celso Emilio Ferreiro, Antonio Machado, F. García Lorca, Francisco Pino,  Matamoros e Silvio Rodríguez, así como madrigais do Renacemento

A actuación terá lugar no Salón de actos da Biblioteca.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto