Concerto de Son do Sil
A agrupación músico-vocal do Barco de Valdeorras realiza este concerto a beneficio de Cruz Roja Ourense.
O grupo valdeorrés subirá ao escenario co seu variado repertorio que abrangue desde o bolero, a canción sudamericana, as habaneras ata a copla ou a música de autor.
Este grupo nace oficialmente no 2008, aínda que xa levaba tempo atrás de ensaios e reunións. Naceu, tamén, como o que parece unha evolución natural da Tuna de O Barco, unha Tuna de valdeorreses que, nalgúns casos, foran tamén membros de outras tunas como a Tuna Compostelana ou a Tuna Universitaria de Zamora.

