Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

José Manuel Montero e Juan Ramón Hernández

O tenor José Manuel Montero e o arpista Juan Ramón Hernández presentan un programa concibido para trasladar ao espectador unha impresión do que puido ser o mundo poético-musical na vida de santa Teresa de Jesús… Recitados e cantados, co acompañamento de arpas históricas (unha delas copia dunha existente no abulense Convento da Encarnación), poderemos apreciar a linguaxe directa e sinxela dos poemas e romances de santa Teresa… As músicas son de autores coñecidos da época (Alonso Mudarra, Antonio de Cabezón ou Diego Fernández de Huete) e tons empregados na liturxia e en cerimonias civís e rel

Galego

Gani Mirzo

Residente en España hai xa dúas décadas, Gani Mirzo é recoñecido polo seu labor de investigación musical na fusión de xéneros e tradicións como a música curda, a música xenericamente oriental, o flamenco e o jazz. Acompañado pola cantante alxeriana Neila Bembey e o guitarrista español Juan José Barreda, Gani Mirzo fálanos coa súa música do sufrimento e a dor causada pola guerra e o exilio...

Galego

Shashank Subramanyam

Precoz intérprete cunha exitosa e frutífera carreira (actuacións en máis de cincuenta países, máis de sesenta discos e nominación aos premios Grammy incluída) de máis de tres décadas consagrados á música do seu país e ao seu instrumento, a frauta de bambú... Shashank Subramanyam achéganos unha tradición musical de 4.000 anos de antigüidade que esencialmente nos transmite paz e devoción...

Galego

Zooreh Jooya & Ensemble Afghan

A forte influencia da negatividade das noticias que nos chegan dun país maltratado por máis de trinta anos de guerras non nos permite facer unha idea da brillantez da riqueza cultural de Afganistán. Comprometidos coa recuperación, preservación e difusión do infinito patrimonio cultural afgán, Zooreh Jooya e o Ensemble Afghan descóbrennos coas súas Cancións de Afganistán unha tradición musical que se encontra entre as máis refinadas de Asia.

Galego

Tobie Miller

“A viaxe como pasaxe na vida, buscando e atopando sitios e persoas. O músico como viaxeiro espiritual…”: o espectador, guiado polos seus ouvidos e emocións, é convidado por Tobie Miller a seguila na súa viaxe. Composicións orixinais e improvisacións e adaptacións sobre temas da tradición relixiosa doutras culturas preséntanse ligadas con pezas compostas por Johann Sebastian Bach transcritas para zanfona por unha virtuosa do instrumento como a canadense Tobie Miller.

Galego

Real Filharmonía de Galicia e Marta Infante

Duascentas cantatas relixiosas conservamos das nacidas do xenio e da laboriosa mestría de Johann Sebastian Bach... Ao redor de tres centos deste tipo de composición sacra escribiu Bach durante os 27 anos que ocupou en Leipzig o posto de cantor na igrexa de santo Tomás. A compostelá Real Filharmonía de Galicia, co seu director asociado Maximino Zumalave á fronte, e a mezzosoprano ilerdense Marta Infante interpretarán dúas das tres cantatas que Bach escribiu para alto durante o verán de 1726, un período no que sen dúbida contaba cunha virtuosa cantante.

Galego

Italia Romántica

El mundo, Volare, La Bambola, Sapore di sale, Parole,... e moitas máis cancións, compoñen o repertorio de Italia Romántica. 
A Piccolissima Symphony Orchestra realizou uns arranxos sinfónicos de corda das máis coñecidas cancións románticas italianas dos anos 60 e 70 xunto cunhas bases musicais pops elegantes e acertados coros.

Galego

Antonio Seijo e Skylight, en concerto

Antonio Seijo é un recoñecido violinista a nivel internacional, que foi compoñente durante máis de sete anos do grupo Milladoiro e que colaborou nas bandas de Julio Iglesias, Bonnie Tyler e Tom Jones, entre outros grandes artistas. Agora presenta o seu novo espectáculo Tributo al pop, acompañado do seu grupo e interpretando os temas máis emblemáticos da música Pop de todos os tempos. 

Un concerto con moito ritmo, vídeo-proxeccións e diversas colaboracións de artistas invitados, onde o violín eléctrico é o grande protagonista.

Galego

Concerto de Raphael

En "De amor & desamor " (título que dá nome ao novo disco e á xira), o artista volve sorprender con novas versións de temas históricos na súa carreira profesional e, desde logo, na música popular en español do último medio século.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto