Samuel Diz en concerto: Camiños da Guitarra Clásica Galega
Camiños da Guitarra Clásica Galega é unha recompilación de pezas fundamentais que nos levan dende melodías medievais até o século XXI coa nova xeración de compositores como o compostelán Fernando Buide. Partituras recollidas no disco do artista dedicado á Guitarra Clásica Galega, Samuel Diz regresa a Galicia nunha xira polas principais localidades dunha terra que serviu de inspiración para este traballo e que está a ser o gromo dunha inquietude cara a recuperación do patrimonio musical que continuará en vindeiros proxectos.

