Un rock para Dani
Five String's Band, Riff-Raff, The Hellbuckers e Pölisong, xuntan esforzos para recadar fondos para Daniel Rodríguez Dopico, que padece unha inmunodeficiencia común variable dexenerativa.

Five String's Band, Riff-Raff, The Hellbuckers e Pölisong, xuntan esforzos para recadar fondos para Daniel Rodríguez Dopico, que padece unha inmunodeficiencia común variable dexenerativa.
Marta Quintana presentará xunto a Cuchus Pimentel no Museo de Pontevedra o seu novo traballo, Lus, cun total de 11 temas do poeta galego Xosé Mª Díaz Castro da súa obra Nimbos.
Concerto ofrecido polo Coro de Cámara da Coruña dirixido por Julián Jesús Pérez, con motivo do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, para gozar da música coral e mergullarse na poesía de Rosalía de Castro e outros autores como Celso Emilio Ferreiro, Antonio Machado, F. García Lorca, Francisco Pino, Matamoros e Silvio Rodríguez, así como madrigais do Renacemento
A actuación terá lugar no Salón de actos da Biblioteca.
Pablo Díaz presenta o seu novo disco 'Xente miúda, moita fartura'. O universo en que se move esta nova proposta é de pequeno tamaño, como a xente á que vai dedicado. Fala das cousas máis próximas á vida dos miúd@s, como os insectos, recoller os juguetes, as cremas de verduras, ou celebrar en galego un aniversario.
Esta actividade forma parte do programa da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo Seráns Culturais
A proposta que fai Oh Trío co seu segundo álbum, é unha homenaxe a Cancionero Gallego de Torner e Bal y Gay. O proxecto reinterpreta nove temas escolleitos desta obra con instrumentos como a guitarra acústica, a zanfona, a caixa de ritmos ou a batería. Influencias do jazz e atmósferas envolventes transforman os sons tradicionais neste proxecto formado por Germán Díaz, Antonio Bravo e Diego Martín.
Desde 2004 esta artista recupera repertorios clásicos do pop e do rock como Sting, Van Morrison, Depeche Mode, David Bowie...
'Outra volta de roda' supón un punto de inflexión da andaina de A Roda polos eidos da música popular galega, ao tempo que lles rende homenaxe a todos os músicos que pasaron pola formación e a lembranza do seu Fito.
NAJLA SHAMI é artista invitada neste concerto.
Brais Morán busca reflectir a forza e o rock como produto das vivencias destes últimos anos experimentados no panorama da escena galega.
Coñecido como o cantante e guitarrista da banda galega de funk Loretta Martin, Brais constrúe agora outro universo paralelo cunhas letras máis persoais e cunha forma máis individualista e directa de transmitir, onde decide coller a guitarra e poñerlle unha voz máis desgarrada a unhas cancións que intentan abrir outro camiño máis definido e máis potente na música actual.
Gallaecia Big Band presenta un espectáculo único. A Big Band acompañará o trío vocal feminino Las Brownies, nun espectáculo no que se rememorará o swing dos anos 30 e 40, deixando latente o espírito e a elegancia daquela grande época.
Dúas trompetas e tres trombóns de Fórmula Brass fan que todos os participantes se mergullen nunha viaxe musical que promete ser moi especial. Esta actuación forma parte dos concertos didácticos Música Animada, que vai desde música infantil, clásica, pasando polo jazz, o swing, as bandas sonoras de películas ou a música de culturas non occidentais.
Entrada libre ata completar aforo