Roi Casal
Roi Casal ofrece un concerto con toda a súa banda na que interpreta temas do seu último traballo discográfico Donos do noso destino nun concerto familiar e para todos os públicos.
Estes concertos inclúen outros de carácter didácticos nos centros escolares da zona xunto coa cantante Silvia Ferre, neles fan un percorrido musicado pola historia dos instrumentos como a arpa, o bouzuki e a zanfona. Estas actuacións son de balde.

