Turboláser
O grupo lanza agora o seu primeiro traballo de longa duración tras o EP homónimo publicado en 2011.

O grupo lanza agora o seu primeiro traballo de longa duración tras o EP homónimo publicado en 2011.
Tiruleque presenta en “Outro que tal baila”, o seu terceiro traballo discográfico, un repertorio orientado á música de festa e de baile, explorando novas posibilidades partindo da música galega. O título do álbum significa unha auténtica declaración de intencións, xa que define perfectamente o espírito deste grupo que, disco tras disco, busca promover música bailable con pura raíz galega.
Talabarte é nun novo concepto de formación en Galicia, estrictamente acústico e baseado na música tradicional.
Neste proxecto únense tres músicos coñecidos da escena musical galega, o violino de Quim Farinha; o acordeón diatónico de Pedro Pascual; e o contrabaixo de Kin García . Xuntos propoñen unha viaxe a través das músicas populares de Galicia e de outras latitudes.
O repertorio complétase con composicións propias, que van desde a linguaxe do jazz pasando polo tango ata a tradición musical europea.
O concerto de Susana Seivane consta de temas habituais do seu repertorio, pezas tradicionais e de autor.
Silvia Penide continúa coa presentación durante o 2015 o seu novo traballo Animal de compañía. O disco foi gravado nos Estudios Abrigueiro de Arturo Vaquero. Trátase dun novo paso na sua carreira e as presentaciones do mismo pódense disfrutar en tres formatos: en solitario, como trío ou coa formación completa. A nova banda de Silvia leva o suxerente nome de Los Animales.
Sérgio Tannus é un dos artistas mais completos da “safra brasileira”. Virtuoso en instrumentos variados, como guitarras, violões, baixos, cavaquinho, bandolín e percusións, e autodidacta, o músico foise perfeccionando na búsqueda de novas sonoridades, aliadas ás influencias universais, sen entretanto deixar de lado as súas raíces brasileiras. Dende o 2006, vive en Santiago de Compostela, en Galicia, dende onde está a divulgar o seu traballo como multi-instrumentista e cantautor por varios países de Europa.
Proposta acústica do directo de Roberto Sobrado grupo.
Concerto instrumental a dúas guitarras. Guitarra española (Nono García) e guitarra eléctrica (Pablo Novoa), presentando o seu disco Radio Pesquera.
Partindo de composicións propias e versions de música de jazz, son cubano, rock... o concerto vai pasando por sons que veñendo Atlántico, terra dos dous músicos (Barbate e Vigo ). Música que ven das raíces populares das cancions que bañan este océano, desde Sudáfrica o Reino Unido, dende Canadá ata Arxentina.
Unha banda cun directo de moi alta calidade que está a presentar o seu traballo Parque de Atracciones.
Levan anos tocando co seu anterior grupo, Zoo, o que os leva a ter moitas tablas e defender moi ben a súa música enriba do escenario.
Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos dos concertos, da Rede galega de música ao vivo.
O trío formado por Cristina Pena, Roque Cameselle e Coque Varela presenta o seu disco Enfermedades Comunes (Rumble Records, 2013), longo producido por Pablo Novoa (Golpes Bajos, Mastretta, Iván Ferreiro) e gravado e mesturado por Javier Abreu e Luis Antelo, formado por once cancións repletas de sons punk, pop e power-pop que lles emparentan con grupos como F.A.N.T.A., Airbag e Blondie, entre outros.