Concerto de Tractor Troy
Verán de 2011, Pontevedra. Gonzalo Maceira e Roberto Fernández, os que foran antigos compañeiros no grupo pontevedrés Fervellasverzas planean traballar un novo proxecto chamado TRACTOR TROY. A eles únese Rafa Darrosa como batería e Iñaki Jáuregui como guitarrista, antigos membros do grupo pontevedrés Reina Mala. Os últimos en chegar foron Andrés Barros, como saxofonista, e Tino Álvarez como baixista, tras a marcha de Pedro Berbel.

