Baja California
Baja California é unha banda de hard rock nada en Oviedo. A súa música ten claras influencias dos grandes do xénero, dende Bon Jovi e Guns n'Roses ata Gotthard e Mr. Big.
Hard rock con letras integramente escritas en castelán.

Baja California é unha banda de hard rock nada en Oviedo. A súa música ten claras influencias dos grandes do xénero, dende Bon Jovi e Guns n'Roses ata Gotthard e Mr. Big.
Hard rock con letras integramente escritas en castelán.
Carmen París quítase o corsé neste novo traballo e dá renda solta á fusión e á reivindicación das músicas do mundo como partes dunha única música universal. Segundo a propia artista, Ejazz con Jota representa como o amor e a creatividade, non tecnolóxica senón humana e feminina neste caso, poden sintonizar e facer bailar con harmonía dúas formas, a priori, tan diferentes como o son a jota e o jazz.
O Quinteto Nuestro Tiempo está especializado na música do tango contemporáneo, principalmente na obra do compositor arxentino Astor Piazzolla, un dos grandes mestres do xénero.
O conxunto formouse inicialemnte como trío no 2008, con Matías González no bandoneón, Vera Pavlova no piano e Marcelo González no violín.
Debido ao grande éxito que colleitaron nas súas presentacións deciden formar o quinteto, coa fin de poder interpretar as obras de Piazzolla segundo as partituras orixinais.
Editado pola discográfica Gaztelupeko Hotsak e gravado mediante sistemas analóxicos por Tomás Ageitos nos Estudios A Ponte, It's always party time at home é o título do último disco en formato EP da Bakin' Blues Band.
Como novidade, a banda compostelana propón un concerto a octeto da man de Manu Paino, Olivier Cano e Martiño D. Mato na sección de ventos, músicos de recoñecido prestixio que participaron na produción deste segundo álbum composto integramente por cancións orixinais.
O Quinteto de Acordeóns Lagunak de Vitoria-Gasteiz, creouse no ano 2001 logo da reforma da Orquestra Lagunak, cunha longa traxectoria musical, desde 1989, cuxo obxectivo foi sempre dar a coñecer o acordeón como un instrumento sinfónico, sen esquecer a súa faceta máis popular.
Esta formación pretende chegar a un público variado e por iso o seu repertorio inclúe obras dos máis variados estilos: clásicas, folk, contemporáneas,... e algunhas compostas por membros do propio quinteto.
Quince duchas de agua helada é o disco e DVD onde se resumen 15 anos de cancións e de vivencias.
Con esta xira de presentación do novo disco recopilatorio tamén dá comezo a xira de despedida, polo momento, do grupo. Cando remate a xira a banda separarase, logo de máis de 15 anos .sobre os escenarios.
O significado literal de Sema é escoitar. Para os dervixes Mevlevi, esta palabra leva implícito estar engaiolado mentres se escoita música, en movemento e xirando. O Meshk Ensemble preséntanos distinguidas pezas da música sufí turca que cobren un amplío período dende o século XIII ata a actualidade e unha extensa área territorial arredor de Asia Menor. A segunda parte do seu concerto está dedicada á música composta especificamente para acompañar o Sema, a danza dos semazen (dervixes), e inclúe pezas perdidas e recuperadas como froito das investigacións do seu director Timuçin Çevikolu.
Clasicismo vienés para abrir o Festival de Músicas Contemplativas: Haydn, Beethoven e as variacións que Haydn inspirou a Brahms. Como contraste e complemento as heteroxéneas Humoresques de Sibelius: seis pezas que adoitan ser interpretadas a xeito de suite, algunhas baseadas en danzas como a gavota e a mazurca, e que amosan unha faciana distinta dun dos destacados protagonistas desta tempada, o finés Jean Sibelius.
Serán de poesía clásica xaponesa e melodías Zen do Shakuhachi.
Rodrigo Rodríguez presenta o shakuhachi, unha flauta xaponesa que, a diferencia da tradicional traveseira, suxeitase verticalmente coma unha flauta doce.
Pezas honkyoku compostas anomimamente e transmitidas oralmente polos monxes budistas Zen no Xapón, desde fai máis de 500 anos.
Convertido desde mediados da pasada década nun asunto persoal, o de Eef Barcelay, Clem Snide segue sendo un bo sinónimo musical do que se podería chamar enxeño perturbador.
Os dez temas do seu novo disco, Girls Come First, son historias froito dunha etapa de reclusión doméstica e familiar en Nashville. Teñen certa obscuridade solitaria.