Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Lorena Lores

A cantante e compositora Lorena Lores xunto á súa banda, recrean aqueles glamurosos salóns da Habana dos anos cincuenta.
Con proxeccións de época como escenografía, realizan un percorrido polos clásicos do bolero, do son e do chachachá, creando un cálido clima que convida o público a cantar, bailar e divertirse. 

Galego

Igloo

Igloo baséase en contundentes guitarras, combinadas con sons electrónicos e melodías pop, conseguindo unha especie de rock electrónico de potentes retrousos e intensas instrumentacións cunha clara influencia anglosaxona, pero totalmente cantados en castelán.

O seu quinto disco está a ser unha sorpresa no panorama musical nacional, acadando unha vez mais un grande recoñecemento tanto polos seus singles coma os seus directos.

Concerto dentro da programación Cultura no Camiño. Confirmar datas e horas no concello onde se celebra.

Galego

Ses

Ses comparte escenario cos Quempallou dentro do Festival de Normalización Lingüística do Concello de Sanxenxo.

Regresa Ses aos escenarios coa enerxía do vento e cancións cheas de verdade e forza. Ses herda a actitude valente e honesta dos grandes nomes cos que comparte condición de cantautora e decide alentar coa súa música a enerxía da forza colectiva que pula por un tempo novo. Cancións para revoltarse e disentir contra o estado de cousas dun sistema que amarra e inmobiliza.

Galego

Concerto de arpa electroacústica

O arpista compostelán, Santiago Pintos Capeans, dará unha charla- concerto no que falará brevemente das arpas:  orixe, tipos, evolución ata chegar ás arpas de concerto de dobre pedal, así como do funcionamento dos mecanismos das mesmas. A continuación asisitimos ao concerto cun arpa electroacústica Resonance St Pertersburg.

Galego

Xente miúda, moita fartura

Os aniversarios, a hora de durmir, a hora de gardar os xoguetes... son as temáticas das cancións do terceiro disco de Pablo Díaz, as cales integrarán o repertorio deste concerto que chegará a 18 concellos da Rede de Dinamización Lingüística co programa FalaRedes.

Acompañado de Carmen Rey (piano e voz) e de Tito Calviño (guitarra acústica), o músico coruñés (voz, harmónica, acordeóns e percusións) volve mostrar que a música cantada é o mellor vehículo para promover o uso da nosa lingua propia na familia e a súa transmisión interxeracional. 

Galego

Naranja Imaginario

O grupo de música electrónica Naranja Imaginario ofrece un concerto na Fundación Luis Seoane.

Naranja Imaginario é unha formación integrada por persoas con diversidade funcional que se formou a partir do taller do mesmo nome desenvolvido polo Centro Ocupacional Pascual Veiga da Coruña.

Neste concerto ofrecenlle ao público unha proposta musical na que conviven a improvisación, a psicodelia de moitas capas, a electrónica setentera ou o uso da tecnoloxía e os controladores midi como unha maneira de expandir e adaptar as súas posibilidades.

Galego

Concerto de Roberto Sobrado

A banda de Roberto Sobrado atópase traballando no que será o seu cuarto traballo como grupo. A gravación está en proceso pero o grupo xa está presentando os novos temas no seu directo: unha volta arredor de si, rockeira, unha reivindicación resentida, un harakiri consciente pero non total ao cantautor que leva dentro. Eclécticos (coma sempre) fártanse de facer chiscadelas reixianas, calamarianas, indiebeatles e incluso radioheadianas e suaves. Os textos retórcense buscando a metáfora asequible, o punto social, o escéptico, o surrealista e o amor.

Galego

Xabier Díaz

O cantante, compositor e investigador do folclore tradicional galego Xabier Díaz abre a programación do Lubicán 2016, un ciclo de música de raíz galega promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Deputación Provincial e Concello de Lugo.

 O concerto de Xabier Díaz, quen estará acompañado por Gutier Álvarez (zafona e violín) e Javier Álvarez (acordeón), comezará ás 21.00 horas, e a entrada é libre e de balde para todo o público interesado, do mesmo xeito que todas as actividades programadas ao abeiro do convenio Lugo Cultural.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto