Fahmi Alqhai
Alqhai é un dos máis importantes intérpretes de viola da gamba do mundo e un dos maiores renovadores da interpretación da música antiga.
Este sevillano de pai sirio e nai palestina preséntase en Lugo co seu proxecto musical 'A piacere', un CD no que demostra o seu excelente dominio da viola de gamba.
Unha proposta musical ben interesante da que podes participar o 28 de maio no Círculo das Artes de Lugo (19.30 horas).
O concerto forma parte da programación do XLIV Festival de Música Cidade de Lugo-Semana da Música do Corpus.

