Concerto de IGMIG
IGMIG, formado por Suso Feixón, Nacho Muñoz e Mig Seoane, postpunk, funk, electro, serialismo, improvisación.
As letras recordan o dadaismo e utilizan a prosodia da voz como elemento compositivo. Enormes doses de interación co público e moito humor, por parte de Mig Seoane (voz e guitarra), Nacho Muñoz (voz e teclados) e Suso Feixón (batería), un trio vigués difícil de encadrar nun só estilo.

