Os cempés
O mítico grupo paratradicional, con base en Ferrolterra, fai bailar a todos os asistentes cos seus ritmos folks e populares.

O mítico grupo paratradicional, con base en Ferrolterra, fai bailar a todos os asistentes cos seus ritmos folks e populares.
O concepto Valadarestiada toma prestado o nome co que se coñecían as veladas musicais organizadas polo círculo de amizades de Franz Schubert, para trasladalo ás reunións que, tamén con variados contidos musicais, se facían na casa familiar do escritor Marcial Valladares, na casa grande de Vilancosta, na Estrada. Nelas tocábanse partituras de corte clásico, xunto con composicións propias dos membros da familia, e outras de carácter máis popular, recollidas polo propio Marcial, e que se atopan aínda no arquivo familiar.
O universo en que se move este Xente miúda, moita fartura é de pequeno tamaño, como a xente á que vai dedicado. Fala das cousas máis próximas á vida das pequechas e pequechos, como os insectos, recoller os xoguetes, as cremas de verduras, ou celebrar en galego un aniversario.
Os músicos deste traballo son: Carmen Rey, Tito Calviño, Olga Kirk, Xabier Díaz e Pablo Díaz.
Despois de Tic Tac (2010) e de Toc Toc (Premio ao mellor disco infantil de 2014), este é o terceiro traballo de Pablo Díaz para nenas e nenos.
Gregorianus Guitarra - Jesús González
Ramón Carnota Méndez - guitarra
Preludio e danza galaica - Manuel Alejandre
Santiago Barro Pita - piano
Plácido amencer - Eligio Vila
Santiago Barro Pita - piano
Tardes de outuno, romanza sen palabras - Eligio Vila
Santiago Barro Pita - piano
Devaneio - Manuel Alejandre
Emilio Espasandín - clarinete
Gabriel López Rodríguez - piano
Danza Española - Manuel Alejandre
Viobach, estudio nºI - Israel Alonso
Angel Enrique Sánchez Marote - violín
O Museo do Pobo Galego celebra o San Martiño cun espectáculo familiar no que se mesturan castañas e rock&roll, a cargo da formación A Gramola Gominola.
A capacidade do lugar do concerto é limitado, pero as entradas poderanse coller no propio Museo desde o día 12, ás 16 horas, cun límite de catro por persoas.
O pianista Francesco Tristano será o protagonista das Xornadas de Música Contemporánea o mércores 28 de outubro, no que será o penúltimo concerto do ciclo.
"Sr. Gershwin: a música é a música". Esta frase de Alban Berg que fala da música como unha linguaxe universal, única e indivisible, podería resumir o ideal estético e musical de Francesco Tristano, singular intérprete, director e compositor, amante de Bach e do techno, que non deixa a ninguén indiferente co seu particular, creativo e orixinal xeito de entender o deseño dun programa de concerto ou dunha gravación discográfica.
Frankenstein!! é teatro musical, cabaré, ópera... iso e máis. Esta é a proposta da programación didáctica, infantil, xuvenil e familiar das Xornadas de Música Contemporánea
HK Gruber atravesa as barreiras entre xéneros seguindo a estela dos heroes de cómic e iconas cinematográficas que enchen os versos de H. C. Artmann. As fantasías infantís mestúranse con pesadelos de adultos na medida en que atopamos a Frankenstein, vampiras, a Superman ou a Batman, en situacións que van do macabro ao humorístico.
As Xornadas de Música Contemporánea acollen a estrea absoluta de 'Elementa!' , proposta do quinteto Zoar con música expresamente composta por Fernando Buide e Federico Mosquera.
Da parte visual do espectáculo encárgase Ana Inés Jabares, premio Linbury de Escenografía, quen deseñou a escena que Xiana Vilas e Alfonso Rivera e Belén Bouzas encherán de dinamismo a través do teatro físico.
Froito do proxecto de recuperación do arquivo histó- rico da formación compostelá impulsado polo programa Descubrindo as nosas músicas, na primeira parte dedicada á música galega de finais do século XIX e principios do XX, poderemos gozar da inspiración que Rosalía de Castro supuxo no compostelán Pepe Curros (A orillas del Sar e Airiños da miña terra) e dun valse de Felipe Paz Carbajal.
Joaquín Meijide, máis coñecido como Xocas, é un versátil e inquedo clarinetista galego, apaixonado da música contemporánea e de cámara, cunha traxectoria avalada, entre outros moitos argumentos, polo prestixioso galardón Henri Selmer para clarinete baixo…