Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Concerto de Cosmosoul

COSMOSOUL nace da unión de 5 elementos de diferentes culturas para facer música orixinal explorando o Soul e a música negra desde o ambiente cosmopolita de Madrid. Aínda que residen en España a formación mestura á perfección tres continentes e cinco países distintos. Este crisol representa a alma do grupo.

Galego

Concerto de The Lákazans

The Lákazans é unha banda que formalmente comeza polo 2011 con concertos semanais no bar Miudo, lugar onde se forman como banda.
O seu repertorio está formado por versións de clásicos do blues, soul, country, rock&roll,... ao que aos poucos fóronse incorporando temas propios que se moven tamén nese abanico de estilos.

A banda está formada por:
Trilli: Batería e percusión
Benja: Guitarra, slide guitar e mandolina 
Almudena:Voz 
Sabela: Voz 
Figui: Harmónica
Fran Velo: Baixo
Likal: Batería

Galego

Rodrigo Romaní

O ciclo Monumenta inclúe esta actuación de Rodrigo Romaní dentro das actividades para divulgar Santalla Bóveda de Mera.

Rodrigo Romaníe é un dos músicos máis destacados do panorama musical galego. Membro fundador de Milladoiro, abandonou o mítico grupo de folk para embarcarse en diversos proxectos, algúns tan significativos como a posta en marcha de Sondeseu, a primeira orquestra de folk de Galicia e de Europa.

Galego

Odaiko

O ciclo Monumenta celebra un concerto de Odaiko nos exteriores do centro de interpretación da Fundación Aquae Querquennae Via Nova. Tamén se poden ver os piares nos que asentaban os almacéns. 

Galego

Concerto de Il Bello Canto

Il Bello Canto, formación composta por catro novos voces líricas (Josema, Vicent, Héctor e Alberto) que interpretan os máis grandes hits da historia da música así como temas inéditos e de produción propia. Avalados polo seu estilo de Música Orquestral e pola súa impecable posta en escena, son un grupo representativo do máis selecto da música e ao mesmo tempo un espectáculo para todos os públicos.

Galego

Leilía

As actividades ao redor do xacemento de arte rupestre da área arqueolóxica de Tourón contan cunha banda sonora, a que lle pon o grupo Leilía. A formación naceu en 1989 da man de seis mulleres co propósito de recuperar do esquecemento a música de tradición oral de Galicia.

Galego

Rodericus Cardinalis

A Biblioteca Histórica Marqués de Valdecilla, da Universidade Complutense de Madrid, acolle nos seus andeis unha pequena xoia do patrimonio musical galego e ibérico. Trátase dun manuscrito de 1594 dedicado ao cardeal arcebispo de Sevilla, Rodrigo de Castro, que contén unha misa e un motete a seis voces e, agochado no debuxo na portada, un canon tamén a seis voces.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto